22/4/24

Plickers C. Sociais

Deixovos o Plickers, de repaso do Tema 5 de C. Sociais, que fixemos na aula, por se queredes repasar.





Respostas:

1.A, 2.D, 3.B, 4.D, 5.C







Respostas:

1.B, 2.D, 3.C, 4.B, 5.D


17/4/24

Última viaxe.

Recibimos outra carta de Lily, onde nos pedía que coidáramos dunha caixa ata novo aviso. Agardamos e logo chegou o momento de abrir a caixa e saber o noso último destino, a nosa última viaxe. 

Comprobamos que dentro da caixa había ovos de eirugas (gusanos de seda) e que nos dirixiríamos en avión ata a India.


Recibimos outra carta, onde nos pedía que coidáramos as eirugas e que completáramos no caderno a información sobre a India.


Agora entre todos e todas completaremos o caderno e remataremos esta viaxe tan emocionante. Que descubriremos? Que aprenderemos? Porque son importantes as eirugas?....

15/4/24

Seguimos co proxecto.

Continuamos a nosa viaxe, agora en barco, para chegar a África e dirixirnos a KENIA.

Para recoller a información sobre este país, puxemos en marcha unha actividade que se chama “MOCHILEROS POR EL MUNDO”; que consistiu en que os nenos e nenas levaron unha mochila para as súas casas e recopilaron información sobre o país a traballar para logo exporlla na aula aos compañeiros/as e así vivir fantásticas aventuras.

Esto foi o que fixemos e o que aprendemos: cal é a súa bandeira, a súa moeda, a vestimenta, animais e plantas, comida e bebida, lugares que visitar,...

Visionamos este conto tan bonito sobre Wangari, que recibiu o Nobel da Paz.


Fixemos un cadro coma o de Rosemary Karuga. Que bonitos nos quedaron!!


Decoramos en madeira ovos de Pascua. En Kenia os ovos simbolizan unha nova vida.

Tamén xogamos a xogos típicos dos nenos e nenas de Kenia.




Unha cousa que lles gustou moito foi ver aos animais de Kenia en directo. Aquí vos deixo o enlace

Animais en Kenia


Moitísimas grazas familias pola vosa colaboración.

Agora esperaremos a que Lily se poña en contacto con nós para seguir a viaxe.

8/3/24

8M: Día Internacional da Muller

Día Internacional da Muller, antes denominado Día Internacional da Muller Traballadora, o 8 M conmemora a loita das mulleres pola súa participación na sociedade e no seu desarrollo como persoa, en pe de igualdade co home.

E para celebralo, no colexio, fixemos unha xincana para buscar pistas e rematar atopando un tesouro.




FICHA REPASO TEMA 9 LINGUA GALEGA

 Aquí vos deixo unha ficha de repaso do Tema 9 de Lingua Galega para o exame. FICHA DE REPASO TEMA 9 LINGUA GALEGA SOLUCIÓNS FICHA REPASO TE...