E chegamos ao fin do 1°trimestre, ademáis de traballar moito e aprender moitas cousas tamén tivemos tempo de divertirnos e pasalo ben. Aquí vos deixamos unha mostra.
BO NADAL E FELICES FESTAS!!
UN BLOG PARA INFORMAR, TRANSMITIR, COMPARTIR, EXPLORAR, APRENDER,... APRENDEMOS DENDE A CURIOSIDADE, O RESPECTO AO RITMO DE DESENVOLVEMENTO INDIVIDUAL E O ACOMPAÑAMENTO EMOCIONAL.
E chegamos ao fin do 1°trimestre, ademáis de traballar moito e aprender moitas cousas tamén tivemos tempo de divertirnos e pasalo ben. Aquí vos deixamos unha mostra.
BO NADAL E FELICES FESTAS!!
Comezamos a estudar as táboas de multiplicar, do 1 ao 5. Deixámosvos as táboas, unhas cancións e uns xogos para que as memoricedes mellor.
O 3 de decembro foi declarado en 1992 pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas, día Internacional das persoas con discapacidade, co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.
No colexio todos os días atopámonos con problemas ou dificultades que temos que resolver. Sabemos que temos que falar para solucionar estes pequenos problemas e seguir avanzando, pero o máis importante e que tamén escoitamos aos demáis.
Tanto a escola como a familia temos que promover relacións de igualdade entre os nenos e as nenas para prever as violencias de xénero e axudarlles a construir unha identidade lonxe de estereotipos, cuestionando roles sociais e reforzando a súa personalidade, asi como aprenderlles a xestionar as súas emocións e a necesidade dun autocontrol cando esten enfadados.
Para celebrar este día traballamos co conto "¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?"
Hoxe celebramos o Magosto no colexio. Tivemos un día estupendo e soleado. Pasámolo xenial. Decoramos as cestas para as castañas, participamos nos xogos populares e comimos bolos preñados e castañas. Aquí vos deixamos unha pequena mostra. Bo fin de semana!!
Estimadas familias e alumnos/as:
Queremos darvos a benvida ao novo curso escolar 2022-23. Comeza unha nova aventura , un curso que será especial ( sen tantas restrincións); axudaremosvos a buscar a ilusión para aprender cousas novas, seguro que tedes gañas de ver aos amigos/as, de xogar con eles/elas, de contarlles o que fixestes no verán,...
Desexámosvos un curso cheo de emocións, de risas, de medrar sendo cada día mellores persoas.
Esperámosvos cos brazos abertos, co propósito de darvos cariño, afecto e comprensión.
Desfrutade e sede felices.
"SE PODES SOÑALO, PODES FACELO"
Os titores de 2° de Primaria.
Durante este curso escolar coidamos eirugas de seda. Foi unha mágoa que non chegamos a completar o seu ciclo.
A vida da eiruga de seda pasa por catro fases: ovo, larva, crisálide e bolboreta.
Chegamos a fase onde as eirugas construian os casulos.
Na seguinte fase é onde ten lugar a metamorfose de crisálide a bolboreta.
Aqui vos deixo unhas fotiños e un vídeo onde podedes ver como están.
E chegamos ao final deste curso, que estivo cargado de novas sensacións, de novas aprendizaxes, de emocións, de fustracións,... pero que entre todos e todas conseguimos xestionar e avanzar. Agora so temos que desfrutar do verán e repor forzas para o curso que ven. Deixámosvos unhas recomendacións para o verán e un pequeno vídeo do que fixemos neste último trimestre.
Hoxe fomos de excursión. Vaia día tivemos! A viaxe foi un pouco longa, pero mereceu a pena. Primeiro leváronnos ata un carballo enorme, onde deixamos as mochilas e explicáronnos o que íamos facer. Primeiro un taller de cerámica con barro, logo merendaríamos debaixo do carballo para repoñer forzas e por último visitaríamos os petroglifos e as casiñas rupestres. Que ben o pasamos.
Hoxe, 8 de marzo, celebrase o Día Internacional da Muller, para recoñecer os dereitos da muller e animar a participar na loita pola igualdade de xénero.
Todos os días nas nosas aulas traballamos contos sobre a igualdade, a discriminación, o respecto, sobre a diversidade,... para educalos na igualdade e que as mulleres deixen de ser discriminadas por razón de xénero.
Estes son os contos que traballamos hoxe:
Logo falamos e demos as nosas opinións. Que quería ser Carlota?, Que quería facer?, Sería divertido que todos e todas vestiramos de rosa?, Credes que hai cousas que so poden facer os nenos e cousas que so poden facer as nenas?, Porque ao final todas as nenas queren ser princesas?.
Por último, os/as que quixeron pintaron as uñas como Juan para deixar claro que é porque lles gusta, non porque sexa de nena ou de neno.
FELIZ DÍA INTERNACIONAL DA MULLER!!!
Falamos do tempo que ía, de se estaba seca ou mollada a terra, de como estaban as árbores, se atopamos animais... e ata falamos da contaminación e do cambio climático.
Xa estamos desexando que chegue a seguinte...
Hoxe celebramos o Entroido no colexio. Fixemos un taller de máscaras, tomamos chocolate con rosquillas e bailamos. Que ben o pasamos!
Agora toca descansar un pouquiño e cargar pilas para a volta. Voltamos o xoves 3 de marzo. Que teñades bo Entroido.
Hoxe 28 de xaneiro celebramos o día da PAZ e da NON violencia.
Fixemos medallas co símbolo da paz.
Coloreamos e recortamos pombas e coloreamos a palabra paz en distintos idiomas, para decorar unha árbore entre todo o colexio.
Na radio gravamos un poema sobre a paz.
Tamén participamos na carreira solidaria.
Despois de tanto pelexar, os nenos de 4°A perderon a penaltis na semifinal. As nenas de 4°A chegaron ata a final e ..... tamén perderon a p...