20/12/19

CHEGOU O NADAL

Rematamos un trimestre, e neste mes de decembro tivemos tempo para facer postais, decorar a porta da aula, facer a carta aos Reis Magos, ensaiar moito para o festival de Nadal,... Así que agora toca descansar e coller forzas para o seguinte trimestre.

Moitas grazas familias pola vosa colaboración e BO NADAL!!!




  
                  
             

       

3/12/19

Día das persoas con discapacidade

 Reflexión, conciencia e inclusión, os 3 obxectivos que persigue o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Cada 3 de decembro celébrase o Día Internacional das personas con Discapacidade.
Ten por obxecto axudar a entender cuestións relacionadas coa discapacidade, os dereitos das persoas con discapacidade e os beneficios que se derivarían da integración destas persoas en todos e cada un dos aspectos da vida.
Visionamos estes vídeos e falamos sobre as persoas con discapacidade, pondonos no seu lugar.




25/11/19

25 de novembro DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Co motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero, visionamos varios vídeos para concienciar aos alumnos sobre a importancia deste problema na actualidade.
Despois do visionado falamos sobre eles e demos as nosas opinións. Así fomentamos os valores de igualdade entre homes e mulleres, a prevención da violencia de xénero.
Tamén resaltamos o valor da vida, non a violencia e a comunicación verbal non violenta entre os alumnos e alumnas.









21/11/19

RESTAMOS

A resta consiste no desenvolvemento dunha descomposición: ante unha determinada cantidade temos que eliminar unha parte para obter o resultado. Trátase dunha operación directa que require maior abstración. 

Polo que xogando aprenden contentos e contentas e de maneira satisfactoria. Teñen que aprender o significado da resta, aprender a resolver problemas, enfrentarse a situacións novas, entender o concepto e non repetir procedementos mecánicos,...

Comezamos a restar coa máquina de restar, cos policubos, no encerado riscando pauciños, vendo vídeos,...
















11/11/19

MAGOSTO 2019

HOXE CELEBRAMOS O MAGOSTO.  TAMÉN DERON OS PREMIOS AOS GAÑADORES DO CONCURSO DE PEÓNS E OS GAÑADORES DO CONCURSO ACTIVA O TEU MAXÍN. TIVEMOS MOI BO TEMPO E PASÁMOLO XENIAL!!!


5/11/19

LADRÓN DE PALABRAS E CAIXA DOS SONS

Seguimos traendo máis palabras para os botes e máis obxectos para a caixa dos sons. Os nenos e as nenas comparten cos compañeiros e compañeiras as súas palabras e obxectos e séntense importantes ao ensinalos. Grazas familias.


GAÑADOR SAMAIN

Xa temos gañador da nosa aula, do concurso Activa o teu Maxín, que organiza o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do cole.
Dar as grazas a todas as familias pola vosa colaboración, xa que houbo moita participación e cousas moi chulas e con moita imaxinación. O día que se celebre o magosto, daránlle un premio ao gañador, que é.....



ANXO

30/10/19

Samain 2019

Levamos varias semanas preparando o Samaín. Por un lado cantamos e bailamos polas mañas a canción "O Samaín" de Brinca Vai. Tamén escribimos e decoramos palabras de medo, decoramos a aula con arañas e grazas ás familias tivemos unha exposición moi chula de monstros terroríficos. Por último, os nenos e nenas de 6° viñeron a facer unha manualidade divertidiiiisima!!














29/10/19

Xogamos coas mates

Hoxe en mates xogamos coa escaleira dos números ata o 10. Contamos de un en un, de dous en dous, colocamos os números que faltaban, colocamos tantos pauciños como indicaba o número, ou dado o número puxemos pauciños,....
Xogando a contar aprenden os números, xa que contar é asociar número con cantidade, non memorizar, que é recitar.




Cantos sentidos temos?


Esta semana aprendemos cantos sentidos temos, fixemos xogos e escoitamos esta canción.





24/10/19

Caixa dos sons

Chave, pompón, moto, patinete, moeda, lazo, tapa,xoaniñas, ollo, coche, castaña,.... moitos obxectos para a caixa dos sons. En breve comezaremos co noso abecedario. Grazas familias.



22/10/19

A caixa dos sons

Hoxe metemos na caixa dos sons: un moucho, un botón, unha púa, unha landra, un tapón, unha pinza, unha cuncha... 😍😍 que ben!!!


El ladrón de palabras

Seguimos traendo máis palabras para os botes do ladrón de palabras. Os nenos/as len as palabras e falamos delas para clasificalas. Grazas familias.


21/10/19

A caixa dos sons

Tamén nos animamos a traer os primeiros obxectos para a caixa dos sons. Unha bolboreta, un botón, unha castaña,... Encantounos metelos nas súas caixiñas correspondentes. Grazas familias.
Cando teñamos máis obxectos comezaremos a facer o abecedario. Continuará...


El ladrón de palabras

Xa comezamos a ter as primeiras palabras para os tarros do ladrón de palabras. Estes compañeiros de clase, leron as palabras que trouxeron e falamos delas. Grazas familias por colaborar. Continuará...


18/10/19

SEGUIMOS SUMANDO

Para que adquiran o concepto de suma, estamos empregando ferramentas visuais como policubos, pauciños, bolas de madeira na máquina de sumar,...estes manéxanos con facilidade. Polo que lles resulta divertido aprender a sumar. Ademáis traballamos aspectos transversais como o traballo en equipo, traballo sobre as normas, a motivación e a xestión da fustración.


PLANETARIO NO COLEXIO

Saimos ata o pavillón do Colexio para ver un conto e unha presentación do sistema solar, na estación de outono, nun planetario. Logo na clase visionamos un vídeo do Sistema Solar. Gustounos moito!!








10/10/19

SUMAMOS

Comezamos coas sumas. Empregamos os policubos para facelas. 
Os policubos son un material colorido e atractivo para os nenos e nenas, con eles traballamos a motricidade fina e son moi visuais polo que permiten entender conceptos abstractos.









8/10/19

Ciencias da Matureza 1º Primaria





Na clase de Ciencias da Natureza estamos traballando as partes do corpo humano e as articulacións. Estivemos vendo estes vídeos.










4/10/19

SAÍDA BIBLIOTECA CONCELLO 1°PRIMARIA

Hoxe saímos do colexio para ver unha obra de teatro á Biblioteca do Concello. Pero ademáis de desfrutar coa obra de teatro, tivemos dúas sorpresas. Unha foi:que nos ensinaron un balón, feito polos nenos e nenas, pais, mestra, dunha unitaria de Ombre (Pontedeume) que roda pola igualdade e diversidade; e a outra foi: que fixemos galletas monstruosas. Pasámolo xenial!!!

















28/9/19

AULA 1º PRIMARIA


AMIGOS DE SEMPRE, PROFE NOVA, SORRISOS... PRIMEIROS DÍAS DE COLE.
PRESENTOME, CHÁMOME RAQUEL E SEREI A MESTRA DOS VOSOS NENOS/AS DURANTE ESTE CURSO. UN CURSO CON RETOS E SOBRE TODO, 9 MESES POR DIANTE PARA COIDALOS E ENSINALOS. BENVIDOS/AS. 
COMEZAMOS A MAÑA SAUDÁNDONOS (CHOCANDO OS PUÑOS, DANDO UN ABRAZO, BAILANDO,...) E ESCOITANDO UNHA CANCIÓN.






TAMÉN TEMOS TEMPO PARA XOGAR E APRENDER.


Repaso Tema 5 Ciencias Naturais

Kahoot repaso Tema 5 Ciencias Naturais