28/3/20

NOTAS 2° AVALIACIÓN

Estimadas familias:
As notas da 2° avaliación poderedes velas, antes do comezo das vacacións de Semana Santa, a través da aplicación abalarMóbil.
É unha aplicación gratuita que vos permite consultar información a través do teléfono móbil ou tablet.
A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android).
DESCARGA IOS (IPHONE, IPAD, MAC): https://apps.apple.com/es/app/abalarmobil/id660608502

Moito ánimo, xa queda menos. Seguiremos en contacto.

25/3/20

RECOMENDACIÓNS PARA ESTAS SEMANAS

Estimadas familias, ola nenos e nenas:

Espero e desexo que todos e todas estedes ben e para que levedes o mellor que poidades o estar na casa, unhas recomendacións:
Aconséllovos que os/as nenos/as fagan as tarefas que propuxen á mesma hora todos os días (evitar ruídos para que se poidan concentrar e non distraerse), marcarlle o tempo da tarefa (40 ou 50 min, para non agobialos/as nin aburrilos/as), tamén deben facer algunha actividade física (correr, subir escaleiras,...) e alguns xogos (crebacabezas, debuxar, xogos de memoria e de parellas,cartas, puzzles,...). Eles deben entender que esto logo vai pasar e que volverán as aulas moi rápido.

Esto é moi complicado porque os pais e nais tedes que ocuparvos estes días dun traballo que se consigue nas aulas explicando uns contidos que ás veces non interesan pero que os convencemos e lles facemos ver que son importantes e que lle servirán para a vida. Polo que os/as perxidicados/as son eles, os/as nenos/as.
Creo que ata despois de Semana Santa, tedes tarefas suficientes para que fagan cada día. Non os agobiedes, tamén teñen que xogar. Se esto volve a normalidade despois de Semana Santa xa correxiremos e voltaremos a traballar eses contidos. Se esto se alongara ou tiveramos outras novas xa imos falando.

O que máis desexo e que todos e todas estedes ben, en familia, ledos e cheos/as de saúde; que é o máis importante nestes momentos. Non dubidedes en preguntarme se tedes dúbidas no que sexa, e por suposto poñervos en contacto comigo se necesitades algo; o que sexa; enviadesme un comentario e eu poñome en contacto con vós, e falamos por privado.


Moito ánimo, paciencia e a seguir na casiña; entre todos e todas conseguirémolo.  Raquel.








16/3/20

Seguimos en contacto

Ola familias:

Seguiremos en contacto dende a páxina do cole e dende o blog da aula(se podedes avisadevos uns aos outros, por se alguén non mira o blog).

Hoxe xa recollestes os libros.
De inglés o profe Breixo dixome que repasen o que xa deron, pero que non fagan exercicios que o profe non explicara.
O mesmo ocorre co resto de asignaturas. Xa vos puxen o que tiñan que facer de cada unha. De Ciencias Sociais non ía mandar libro porque xa rematamos os temas do 2° trimestre, o que poden facer e mirar se teñen algunha ficha sen rematar e repasar o que xa dimos.
Se tedes algunha dúbida ou queredes preguntar algo podedes escribir nos comentarios do blog.

                         Un saúdo e a coidarse.

13/3/20

RECOMENDACIÓNS DAS TAREFAS DURANTE A ALERTA

Estimadas familias:
Dende agora podedes ver na páxina do CPI as recomendacións das tarefas a realizar durante o estado de alerta sanitaria. Como ben indica na mesma, podedes pasar polo cole o luns a partir das 10:30 a recoller os libros e fichas dos voso/as  fillos/as.

Moitas grazas, ánimo e tranquilidade.
                         
                                  Un saúdo Raquel.

10/3/20

Ciencias Naturais

Estamos traballando os seres vivos, os animais; como podemos clasificalos tendo en conta de que está recuberto o seu corpo, o seu tamaño, onde viven, a súa alimentación, como se reproducen,... Visionamos estes videos para que nos sexa máis fácil recordalo.






Fixemos un mural.







6/3/20

8 DE MARZO DIA DA MULLER

Para conmemorar o 8 de marzo, día da Muller pola igualdade de xénero, na aula durante esta semana fixemos distintas actividades. Ainda que non debe ser un día festivo nin de felicitación, se non un día de concienciación da situación real de discriminación da muller que existe actualmente polo mundo.


Coñecemos a mulleres guerreiras como: Marie Curie, Frida Kahlo, Jame Goodall,...




Visionamos contos sobre igualdade.



Xogamos cos robots das abelliñas na biblioteca, para concienciarnos que todos podemos facer de todo.


FICHA REPASO TEMA 9 LINGUA GALEGA

 Aquí vos deixo unha ficha de repaso do Tema 9 de Lingua Galega para o exame. FICHA DE REPASO TEMA 9 LINGUA GALEGA SOLUCIÓNS FICHA REPASO TE...