21/12/20

FIN DO 1°TRIMESTRE

Boas, como pasa o tempo, xa rematamos o 1° trimestre e nel fixemos moitas cousas, aquí o podedes ver...





A DESCANSAR E A CARGAR AS PILAS.                        ATA A VOLTA!!!










11/12/20

10 de decembro Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

 "En definitiva, ¿dónde empiezan los derechos humanos universales? En pequeños lugares, cerca de casa; en lugares tan próximos y tan pequeños que no aparecen en ningún mapa. […] Si esos derechos no significan nada en estos lugares, tampoco significan nada en ninguna otra parte. Sin una acción ciudadana coordinada para defenderlos en nuestro entorno, nuestra voluntad de progreso en el resto del mundo será en vano."

Eleanor Roosevelt



                      BO FIN DE SEMANA

4/12/20

RESTAS CON LEVADAS

Hoxe comezamos as RESTAS CON LEVADAS. Deixovos un vídeo para repasar como se fan.




E tamén o ascensor da resta que sempre sube e nunca baixa, con algunhas restas para que practiquedes.
 






























  




















2/12/20

3 de decembro Día Internacional das persoas con discapacidade


Hoxe celebrase o Día  Internacional das persoas con Discapacidade. Celebramos a diversidade como algo fundamental na educación. Na aula traballamos a integración, a inclusión e a non discriminación a través do visionado deste vídeo e logo tivemos un debate.


 

25/11/20

25 de novembro Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Hoxe é un día moi importante, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, por iso debemos sensibilizar ao alumnado e previr a violencia contra a muller. Para iso traballamos a desigualdade, a discriminación, as distintas formas de violencia machista,... nas aulas. Tamén pegamos un lazo morado, que simboliza o Día da Muller, nos nosos xerseis.





Contos cos que traballamos:






Outras recomendacións:

Vídeos:                     https://youtu.be/NO3pwZMcV10 
                                 https://youtu.be/PYbNYbaSdEw
                                 https://youtu.be/Gr56pfgFTpQ

Contos:




FELIZ DÍA!!

 

20/11/20

20 de Novembro DÍA UNIVERSAL DO NENO

 

  Hoxe 20 de novembro, coma todos os anos, celébrase o Día Universal do Neno, que é un día adicado a todos os nenos e nenas do mundo.

É importante celebrar este día polos avances acadados, pero tamén para non esquecer aos nenos e nenas en situación desfavorecida, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento. 

Este día recórdanos que todos os nenos e nenas teñen dereito á saude, á educación e á protección, independentemente do lugar onde naceran.

Ainda que este ano é máis especial se cabe, xa que despois de case un ano que comezou a pandemia, esta provocou un impacto que trastocou os servizos esenciais que garantizan a saúde, educación e protección dos nenos e nenas.

Cambiamos a forma de saudarnos, de compartir, de traballar, de entreternos,... pero seguimos pelexando e coidándonos moito e coidando aos demáis para que pouco a pouco esto mellore e volte todo a normalidade.

imagenes sobre los derechos de los niños (6)




















BO FIN DE SEMANA!!






12/11/20

Magosto 2020

A festa do Magosto é un ritual tradicional que se celebra en moitos rincóns de España. Ten dous elementos básicos, a castaña e o lume, pero existen outros elementos que tamén forman parte da celebración: os chourizos asados, os xogos, os chistes…

En Galicia, celébrase entre os días 1 de novembro (Todos os Santos) e o 11 de novembro (Festividade de San Martiño), porque nesta época é xusto cando as castañas comezan a caer das árbores.

A xente prepara as fogueiras para asar as castañas e celebrar a chegada do outono. Ademáis, organízanse xogos tradicionais, contar chistes ou calquera tipo de actividade en grupo para festexar o Magosto.

Neste curso tan especial, ainda que non puidemos baixar ao patio a celebrar entre todos o Magosto como nos gustaría, fixemos cousiña na aula...

Coloreamos mandalas...

Lemos e buscamos información para contestar o que se nos pregunta do Magosto...


Aprendemos e cantamos esta canción...




AGARDAREMOS CON MOITA ILUSIÓN AO CURSO QUE VEN, PARA CELEBRAR COMO SE MERECE ESTA FESTA!!!


 Para saber máis:



Contos para ler:                                                                                              



Xogos interactivos:                                                                                                                  https://www.digipuzzle.net/digipuzzle/autumn/puzzles/jigsaw.htm?language=spanish&linkback=../../../es/juegoseducativos/otono/index.htm     




                








30/10/20

SAMAIN 2020

Como non podemos celebrar todo o colexio esta data; pois na aula fixemos moitas cousas. Visionamos cortos de MEDO, uuuuuhhhh!!!



Fixemos e decoramos as nosas máscaras de Samaín. Que chulas nos quedaron.









Xogamos ao Bingo Terrorífico.


Cantamos a canción " No Samaín" de Brinca vai.

FELIZ FIN DE SEMANA DE SAMAÍN!!!


26/10/20

Alerta Sanitaria e Letras Galegas 2020



As letras Galegas é unha celebración para homenaxear a persoas que destacaron polo aporte literario na lingua galega. Dende 1963, cada 17 de maio a Real Academia Galega adica esta celebración a unha personalidade diferente.

    Este 2020, debido ao estado de alarma sanitaria, a celebración aplazouse por primera vez na historia     ao día 31 de octubro, o día seguinte ao 110 aniversario do nacemento do homenaxeado, Ricardo             Carvalho Calero.

    Durante o confinamento traballamos a través de tarefas propostas no blog sobre o autor                           homenaxeado.

    Aqui tendes algunhas propostas para recordar a Ricardo Carvalho Calero.



XOGO RICARDOS

















30/9/20

SUMAMOS CON LEVADAS

Comezamos a sumar con levadas. Deixovos un vídeo para que recordedes o que traballamos na aula estes días.

A PRACTICAR MOITO!!!


18/9/20

CURSO 2020-2021

 

Despois de tantos meses sen cole, voltamos este LUNS 21 DE SETEMBRO con ilusión e con gañas de manter a seguridade e ilusión ata finais de curso.

RECORDADE:

_Comprobar síntomas de COVID-19, de habelos, quedar na casa e chamar ao centro de saude.
_Revisar a mochila e comprobar que levamos todo, xa que non podemos compartir.
_Levar a máscara sempre posta e unha caixa ou sobre para gardala na merenda e no comedor, outra de reposto nun sobre para a aula.
_Facer a fila no sitio indicado, entrar ao colexio na quenda que me digan e manter a distancia de seguridade.
 _Lavar con frecuencia as mans con auga e xabón ou xel hidro-alcohólico.
_Circular atendendo a sinalización.




GRAZAS NENOS/AS E FAMILIAS POLA VOSA COMPRENSIÓN E APOIO. 

#SENTIDIÑO
PROTEXÁMONOS A NÓS MESMOS 
E AOS QUE NOS RODEAN

8/6/20

TAREFA DO 15 AO 19 DE XUÑO

FIN DE CURSO | CEIP LA BARROSA

Estimadas familias:
Chegamos ao remate do curso. E a tarefa que vos propoño para realizar esta semana, é que os/as nenos/as escriban unha breve mensaxe de despedida para os seus compañeiros e compañeiras, decíndolles canto os/as botaron de menos, o que máis lles gusta deles/delas, comentar un momento que pasaron xuntos/as,... Que sexan creativos e que se despidan do curso e dos seus compañeiros e compañeiras. 
Unha vez que as rematen, escribídelas ou deixades que as escriban nos comentarios do blog para que todos e todas as poidamos ler.
Moitas grazas pola vosa colaboración.












1/6/20

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe, 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente, co obxectivo de sensibilizar á poboación mundial en relación a temas ambientais, para que se respete o medio ambiente. E invítasenos a pensar na forma na que consumimos.

Este ano, o tema é a Biodiversidade, un gran motivo de preocupación mundial en materia medioambiental. Eventos catastróficos recentes (incendios forestais, a pandemia do COVID-19) amosan que a Natureza nos está enviando unha mensaxe.


REFLEXIONEMOS, E COIDEMOS ENTRE TODOS E TODAS A NATUREZA XA QUE ACCIÓNS PEQUENAS FAN GRANDES COUSAS!!!



PROPÓÑOVOS ESTAS TAREFAS PARA REALIZAR DURANTE A SEMANA 
DO 8 AO 12 DE XUÑO:


TAREFA 1:  RECICLAMOS E REUTILIZAMOS ENVASES DE PLÁSTICO
Se tiramos botellas e bolsas de plástico, sabedes canto tardaría en desaparecer da natureza? Máis de 100 anos!!
Se tiramos plásticos, estes van parar a todas partes e son un grave problema para os animais. Nós podemos actuar con responsabilidade para protexer e coidar o medioambiente. 
Atende e mira este vídeo que conta a historia dun neno que buscou unha solución a ese problema.


Agora, que se che ocorre que podes facer con esas botellas ou envases que usades na casa? Búscalle outro uso, ponte a imaxinar e a crear! Envíame unha fotografía coa túa creación.

TAREFA 2: ANIMAIS EN 3D
Mira este titorial para poder ver moitos animais e estar con eles na túa casa. Só tes que coller o móbil ou a tablet, escribir en google o animal que queres ver e darlle a ver en 3D.


Logo ponte ao seu lado e pídelle a alguén que che faga unha foto con eles. Saca diferentes fotografías e envíamas! Será divertido. 

TAREFA 3: E TI… RECICLAS?
Propóñovos que creedes os carteis necesarios para ter nas vosas casas xunto aos colectores de reciclaxe que teñades (lixo orgánico, plástico,...).


Enviádeme unha foto onde saiades facendo unha acción de reciclar (tirando o lixo no colector adecuado, pode ser na túa casa ou na rúa) pois así estarás protexendo ao medio ambiente.
ÁNIMO!!! A TÚA PARTE É MOI IMPORTANTE.



24/5/20

TAREFAS DO 25 AO 29 DE MAIO



MARTES 26 DE MAIO
C. Naturais



MÉRCORES 27 DE MAIO
Plástica


Elixe un dos cadros polos que pasa Paul Klee e fai un collage.
1º: Debuxa o cadro elexido.
2º: Corta ou rasga trozos pequenos de xornais, revistas, papeis de cores, folletos publicitarios,...
3º: Pega enriba do debuxo os anaquiños recortados ou rasgados.
ESPERO AS VOSAS OBRAS DE ARTE!! A GOZAR!!

17/5/20

TAREFAS DO 18 AO 22 DE MAIO


LUNS 18 DE MAIO
C.Sociais


MÉRCORES 20 DE MAIO
Plástica
Debuxa a túa habitación e colorea.


VENRES 22 DE MAIO
C. Naturais



12/5/20

Maio Científico 2020

Boas familias:
Deixovos unha proposta para maio sobre ciencia, por se vos apetece facelo.

LABORATORIO STEAM NA CASA

# MaioCientÍFIco2020 #SomosCiencia
Trátase de descubrir a aprendizaxe en familia, convertindo a casa, a cociña, os materiais de uso común, en experiencias para un taller tecnolóxico ou un laboratorio de ciencias ; en definitiva, accións que contribuian a desenvolver a personalidade e as capacidades e talentos dos neno/as.
PINCHADE NO ENLACE:

https://laboratoriosteamencasa.com/

11/5/20

TAREFAS DO 11 AO 15 DE MAIO


Mércores 13 de maio
Plástica
Ver vídeo de Paul Klee
Facer un cadro con figuras xeométricas coma Paul Klee e colorealas.

Xoves 14 de maio
C.Sociais



TAREFAS DO 4 AO 8 DE MAIO

   


MARTES 5 DE MAIO
C. NATURAIS




MÉRCORES 6 DE MAIO
PLÁSTICA
Aqui vos deixo algúns dos cadros cubistas de Picasso que son retratos. O que tedes que facer é o voso autorretrato con formas xeométricas(cadrados, triángulos, círculos,...) e colorealo.


     

Espero os vosos debuxos!!


XOVES 7 DE MAIO
C. SOCIAIS





VENRES 8 DE MAIO

C. NATURAIS


Outra actividade que vos propoño, é divertida e fácil. Consiste en plantar unhas sementes de lentellas nun envase reciclado, nunha bolsa transparente ou nun ovo. Cando decidades en que envase as ides plantar,  meteredes algodón e as sementes. Logo regaredelas e poredelas nun lugar luminoso. En dous ou tres días as sementes irán medrando e sairán as primeiras follas, eso significará que a planta está brotando e o noso experimento foi un éxito. Cada dous días regarán as plantas con pouca cantidade de auga e observarán como cambian e medran as plantas.
Con esta actividade os/as nenos/as entenderán o proceso e as partes que ten unha planta e ademáis será unha actividade motivadora xa que se sentirán responsables do coidado e o crecemento da súa propia planta.



ESPERO FOTOS DAS VOSAS PLANTAS!!


8/5/20

17 DE MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Este ano as Letras Galegas aprázanse ata o 31 de outubro.
Pero dende o Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega do colexio, propóñennos estas actividades para traballar a Ricardo Carvalho Calero, homenaxeado este ano o día das Letras Galegas.
PREGUNTOIRO MUSICAL


SCAPE ROOM
PINCHADE NO ENLACE


Para saber algo máis de Carvalho Calero:


Moitas actividades máis na páxina da biblioteca

Tamén dende o Concello, podedes participar neste concurso de debuxo.
Bo fin de semana familias!!






2/5/20

2 DE MAIO DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR


 Nos colexios, existen moitas formas de exercer e sufrir violencia entre iguais e moitas formas de tratar de acabar con ela. É unha responsabilidade conxunta da comunidade educativa, os pais e os compañeiros evitar que o acoso escolar siga existindo. Dende a escola traballamos na prevención de situacións de acoso escolar ou bullying. Estas son dúas actividades que vos propoño para traballar:
Visionar estes cortos, e logo falar sobre eles e reflexionar. A segunda actividade sería: recoñecer algo bo noutro/a neno/a (que escriban nun papel algo bo dos compañeiros/as da aula).






BO FIN DE SEMANA FAMILIAS!! 

27/4/20

SEMANA DO LIBRO 2020

Neste momento en que o colexio está pechado e debemos quedarnos na casa, podemos usar o poder da lectura para non estar aislados, unirnos máis como persoas, estimular a nosa mente e a nosa creatividade. Por eso os nenos e nenas de 1° de E.P. nos fan estas recomendacións lectoras, para que pasemos mellor o confinamento.
Ainda que sabemos que é fundamental ter tempo para ler durante todo o ano.
Espero que vos guste. Xa queda menos!!



25/4/20

TAREFAS DO 27 AO 30 DE ABRIL

LUNS 27 DE ABRIL
MATEMÁTICAS

L. GALEGA

C. SOCIAIS


MARTES 28 DE ABRIL
L. CASTELÁ

LIBRO HOJAS DE PAPEL


L. GALEGA


C. NATURAIS


MÉRCORES 29 DE ABRIL
L. CASTELÁ

LIBRO HOJAS DE PAPEL


MATEMÁTICAS


PLÁSTICA
CONVÍRTETE EN PICASSO E FAI O TEU PROPIO CADRO DA ETAPA ROSA (RECORDA EMPREGAR AS CORES: ROSA, VERMELLO E LARANXA)






XOVES 30 DE ABRIL
L. CASTELÁ

LIBRO HOJAS DE PAPEL

L. GALEGA

C. SOCIAIS



VENRES 1 DE MAIO


FICHA REPASO TEMA 9 LINGUA GALEGA

 Aquí vos deixo unha ficha de repaso do Tema 9 de Lingua Galega para o exame. FICHA DE REPASO TEMA 9 LINGUA GALEGA SOLUCIÓNS FICHA REPASO TE...