24/2/21

SAÍDA AO MONTE PRÓXIMO AO COLEXIO

Hoxe, por fin, saiu o sol e saimos ao monte que está baixando o colexio. Levamos estudando, durante unhas semanas, no libro de Ciencias da Natureza as plantas. Pero decidimos programar un paseo para observar, calcular, tomar notas, facer fotografías, debuxos, esquemas, comentar e compartir a experiencia,... e para elo levamos un Caderno de Campo (ferramenta imprescindible para o estudo da natureza in situ, ademáis de fomentar a observación, a creatividade e axudar a desenvolver a expresión escrita.)

Antes da saída preparamos o que precisábamos: caderno de campo, lápis e ceras, bolsa para as mostras (reforzamos a idea de que hai que respetar as plantas e as flores, así como animais que atopemos), prismáticos, lupas,...

Durante a saída xogamos a preguntar: Que árbore, planta ou flor é?, É de folla perenne ou caduca?. Xogamos ao vexo, vexo.

Outra actividade foi facer calcos. Calcamos follas e cortezas de árbores. Coa tablet sacamos fotos e co programa PlantNet identificamos as plantas a través das fotos e así a aprendizaxe foi automática.

Logo na aula clasificamos as mostras, debuxamos e pegamos as follas, coloreamos, escribimos as impresións,...




Pasámolo tan ben, que seguro que repetiremos.

18/2/21

"As nosas cidades e os Ozobots"

Hoxe fixemos unha actividade coas cidades que fixeron os nenos e nenas e cos Ozobots (robots diminutos).

Primeiro, debuxaron traxectos de líneas (cun grosor determinado e con precisión, se debuxan mal as líneas non as lee o robot) para que o robot fixera o percorrido que lle marcaron.

Despois, colocaron as cidades que fixeran nas súas casas.

Por último, encenderon os Ozobots e colocáronnos no circuito.

Mirade que ben o pasaron!!!

Seguiremos facendo cousiñas de robótica.

















13/2/21

Día Mundial da Radio 2021

Hoxe 13 de febreiro celébrase o Día Mundial da Radio e o profe Breixo fixo un programa de radio con algúns nenos e nenas de 2°, escoitade, a ver se os coñecedes. 


http://escolasnasondas.com/cpi-da-caniza-para-o-dia-mundial-da-radio-2021/

12/2/21

Entroido 2021

Este ano debido ao COVID, a celebración do Entroido que tanto nos gusta, quedou suspendida. Ainda así pasámolo ben facendo carautas e traendo os nosos disfraces máis graciosos das nosas casas.




AGORA TOCA DESCANSAR UN POUQUIÑO. VÉMONOS A VOLTA!!
COIDÁDEVOS.


5/2/21

ENTROIDO 2021


RECORDA,  PARA A SEMANA QUE VEN COMEZAMOS COAS ORDES DO MECO.





O VENRES 12 PODES VIR DISFRAZADO DO QUE DESEXES.

BO FIN DE SEMANA


Fin de curso

Aqui vos deixo unha pequenísima mostra destes últimos días no cole. BO VERÁN.  MOITÍSIMA SORTE NA ESO.