16/12/23

Seguimos adiante co proxecto

Recibimos outra carta de Lily. Esta vez foi Gael o que dixo que se encargaba de ler o que poñía. Dentro do sobre viña un caderno e Lily pedíanos que lle axudáramos a completar o caderno con información de España, o país no que vivimos. 


E todos dixemos que sí.  Polo que entre todos/as coa información que sabemos e que buscamos, fomos contándolla no caderno para que coñeza o noso país.


Xa rematamos o que nos pedía Lily no caderno. Agora a meter o caderno no sobre e a esperar a súa resposta impacientes.










13/12/23

O Nadal no mundo

Seguindo co proxecto "La vuelta al mundo" e para decorar a porta da aula, decidimos buscar información sobre o Nadal nos distintos paises do mundo. Cada neno/a elexiu o país. O Nadal celébrase en todas as partes do mundo. Cada país ten a súa maneira de celebrala; algúns cunhas tradicións más peculiares que outros, pero o que sí se pode dicir que todos teñen en común que se celebra en familia.

Así quedou a porta, xenial!!



4/12/23

Ángulos y polígonos (Matemáticas)

En este tema tenemos que aprendernos los nombres de los ángulos y de los polígonos, además de repasar las tablas de multiplicar. RECUERDA:











2/12/23

C.Naturais (Aparatos nutrición)

Para realizar a función de nutrición, o ser humano dispón de aparato dixestivo, aparato respiratorio, aparato circulatorio e aparato excretor.





30/11/23

REPASAMOS LINGUA GALEGA TEMA 4

 

PINCHADE NOS ENLACES PARA VER AS TAREFAS DE REPASO DO TEMA 4 DE LINGUA. ÁNIMO.

TAREFAS REPASO TEMA 4

SOLUCIÓNS TEMA 4 LINGUA

Repasamos L. Castellana Tema 4


RECUERDA QUE LOS PRONOMBRES PERSONALES PUEDEN SER TÓNICOS O ÁTONOS.



RECUERDA: DIPTONGO (DOS VOCALES JUNTAS EN LA MISMA SÍLABA)  E HIATO (DOS VOCALES JUNTAS PERO QUE SE SEPARAN EN SÍLABAS DIFERENTES).
 

AQUÍ TENEIS ALGUNAS ACTIVIDADES PARA PRACTICAR. ÁNIMO.


21/11/23

16/11/23

Tarefas de reforzo Tema 3 Lingua Galega

Déixovos unhas actividades de reforzo do Tema 3 de Lingua Galega para que repasedes para o exame. Pinchade nos enlaces.

Tarefas reforzo Tema 3 Lingua Galega

Solucións tarefas Tema 3 Lingua Galega


Premios Samaín

Hoxe a profe Lorena, coordinadora de Dinamización Lingüística, deu os premios do Samaín (monstros terroríficos, receitas monstruosas, relatos de medo). E na nosa clase tivemos unha gañadora. Olivia tivo un premio polo seu monstro terrorífico. Parabéns Olivia!



14/11/23

Ficha repaso exame L. Castellana

             

Seguimos con máis actividades para repasar o aprendido en L. Castellana. 

                                                            Pinchade nos enlaces.


ACTIVIDES REFUERZO TEMA 3 (2ª PARTE)

SOLUCIONES TEMA 3 (2ª PARTE)

10/11/23

Magosto 2023

Hoxe celebramos o magosto.        Pasámolo xenial nos xogos populares!!    Despois comemos o chorizo con pan, as  croquetas, a bica e as castañas. 😋 Que rico todo!!




8/11/23

Actividades de refuerzo Tema 3 de L. Castellana

 Aquí vos deixo unhas actividades para repasar o que levamos aprendido en L. Castellana. Pinchade nos enlaces.

ACTIVIDADES DE REFUERZO TEMA 3

SOLUCIONES TEMA 3

Loita na escola

 Hoxe, na hora de Educación Física, os/as nenos/as tiveron unha actividade chamada "Loita na escola". Esta actividade consistia en traballar a totalidade das cualidades físicas e coordinativas, ademáis das sensacións táctiles e propioceptivas dos nenos/as, accións motrices específicas (agarre, inmovilizacións,...), provocando un traballo mental moito máis áxil, debido a cantidade de decisións que ten que tomar en cortos períodos de tempo.

A actividade gustóulles moito. E pasárono xenial!!





3/11/23

FICHA REPASO LINGUA TEMA 2


Aquí vos deixo unha ficha con exercicios de repaso do Tema 2 de Lingua Galega. Recordade que tamén entra un texto con preguntas de comprensión e redactar un conto. Pincha nestes enlaces para ver a ficha e as solucións.

FICHA DE REPASO TEMA 2 

SOLUCIÓNS

31/10/23

Samaín 2023

Durante toda a semana, buscamos na biblioteca do colexio e en internet información sobre como se celebra nos distintos paises do mundo o samain.



Decoramos a porta da clase. Así quedou....



Hoxe visionamos unha película. Despois pasamos polos túneles do terror e sacamos fotos no photocall. 



compartimos a merenda e rematamos o día descubrindo mensaxes escondidas e lendo contos de medo as escuras. Pasámolo de medo.

Que teñades un día terrorífico!! Vemonos o xoves.



30/10/23

1º PLICKERS

     Hoxe na hora de Ciencias Naturais repasamos o Tema 1: Somos seres vivos, a través dun Plickers. Como non sabían o que era e estaban ansiosos/as de saber o que era; primeiro expliqueille en que consistia o xogo. Trátase de levantar unhas tarxetas (que conteñen un código cunhas letras:A,B,C,D) para indicar que resposta é a correcta. 

    Ao final, entenderon perfectamente o xogo e acertaron bastantes preguntas. Aquí vos deixo as preguntas por se queredes revisalas. Por certo olvidamonos de contestar unha. Polo que se a sabedes e queredes contestala podedes. Debaixo pinchando en no hay comentarios e escribides a letra da resposta correcta.





25/10/23

Día das bibliotecas

 Hoxe fomos ata a biblioteca do cole para celebrar o día das bibliotecas. Alí o profe Óscar e a profe Sonia explicáronnos en que consistía o reto que tiñamos que resolver. Este consistía en desactivar unha bomba, e para facelo buscaríamos pistas entre os libros da biblioteca.

Pasámolo moi ben!!



3/10/23

Comezamos proxecto: "La vuelta al mundo"

Hoxe comezamos un proxecto. Recibimos unha carta moi especial dunha unicornio chamada Lily. María animouse a ler a carta. 


Despois entre todos intentamos descifrar o nome do proxecto. Por equipos fomos colocando as letras. Thiago atopou a palabra mundo. Xa non faltaba todo.

Pouco a pouco, e entre todos seguimos colocando as letras, ata que Mateo dixo é  "La vuelta al mundo". Todos dixeron: é verdade.

Agora teremos que esperar que Lily se poña en contacto con nós ou nos deixe pistas para saber o que temos que facer.

Esperaremos emocionados!!

2/10/23

Aprendemos en Sociais

Estos días tiveron que explicarlle aos compañeiros/as o que levamos estudiado de Sociais. Entre todos/as axudamonos para aprender. O que máis lle gustou foi as fotos que lles trouxen do meridiano de Greenwich.



10/9/23

Benvida ao curso 2023-2024

 


 Estimadas familias e alumnos/as:

Quero darvos a benvida ao novo curso escolar 2023-24. Comeza un novo curso e con él unha nova aventura. 

Axudareivos a buscar a ilusión para aprender cousas novas, divertirémonos moito e seguiremos medrando cada día para ser mellores persoas.

Anímovos a participar ou colaborar nas actividades e tarefas que lles propoña aos vosos fillos/as ao longo destes meses e desexo que sexan ocasión para fortalecer a relación famila-escola. 


"A POSIBILIDADE DE REALIZAR UN SOÑO É O QUE FAI QUE A VIDA SEXA INTERESANTE" - Paulo Coelho

A vosa mestra de 4° A, Raquel.



21/6/23

REMATAMOS O CURSO

E chegamos ao final. Rematou o curso e con él outra etapa. Agora toca descansar e coller forzas para comezar outra etapa (3° de primaria). Estes dous anos ao voso lado foi unha aventura cargada de moitas emocións, nos que aprendemos moitas cousas xuntos e xuntas.

O profe Óscar e a profe Raquel deséxanvos un bo verán. 




16/6/23

Diego de Giráldez

Durante este trimestre estivemos traballando na aula ao pintor Diego de Giráldez, aprendimos que é da Cañiza, que ten moitos cadros e esculturas. Traballamos algúns deles na aula. Tamén aprendimos que NAS significa naturalismo, abstracción e surrealismo. A temática das súas obras son o bodegón, a paisaxe, a figura humana, retratos ou temática relixiosa.

Pero o que máis nos gustou foi coñecelo e visitar o seu museo. 






13/6/23

13 de xuño. Paco Nogueiras

 PACO NOGUEIRAS NO COLE!!

Hoxe recibimos a Paco Nogueiras que nos ofreceu un fantástico concerto como parte das actividades das Letras Galegas. No que puidemos bailar e cantar as súas cancións, así como ensinarlle o noso sombreiro de Paco Nogueiras.

Que ben o pasamos!!





FICHA REPASO TEMA 9 LINGUA GALEGA

 Aquí vos deixo unha ficha de repaso do Tema 9 de Lingua Galega para o exame. FICHA DE REPASO TEMA 9 LINGUA GALEGA SOLUCIÓNS FICHA REPASO TE...