30/1/20

30 de Xaneiro (Día Internacional da Paz e da Non Violencia)

Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos no colexio, o día Internacional da Paz e da Non Violencia.
Repasamos mans e pintámolas de cores para decorar a entrada do colexio. Tamén representamos o conto: Negros e brancos. E participamos na IV Carreira Solidaria, para colaborar co Concello na recollida de alimentos. Acordádevos que se poden traer ó colexio a partir de mañá.





17/1/20

CADERNO DE RECEITAS

Seguimos traballando a alimentación e fixemos un caderno de receitas. Cada neno e nena escribiu o nome da receita, os ingredientes, a elaboración e un debuxo do produto final.

Durante 2 semanas estiveron expoñéndolle aos seus compañeiros a súa receita, polo que traballaron a expresión oral, que é tan importante coma a lingua escrita.  Ademáis reforzaron o proceso de aprendizaxe e valoraron máis o traballo en grupo, transmitindo coñecementos. Ainda que a maioria non lles gusta falar en público, teñen vergoña, medo,... Polo que canto antes o traballen e sintan confianza, antes acadarán a competencia.

Pincha no enlace para ver o resultado final.

https://drive.google.com/file/d/1py_LWsYVgt-EFNTIhf1Fr2Wcw1J1x9NN/view?usp=drivesdk



15/1/20

Abecedario caixa dos sons

 Comezamos co noso abecedario, coa axuda da caixa dos sons.

Cada neno e nena tiñan que coller obxectos na caixa e buscar no abecedario a letra pola que comezaba a palabra e escribila. Encantoulles a actividade e estaban moi motivados escribindo as palabras.

Esta forma permíteme traballar cos nenos e nenas a linguaxe de forma sensorial, experimentando cos sentidos: xa que visualizan a vocalización dos fonemas, tocan e collen os obxectos que teñen que escribir, recoñecen as letras e senten a vibración da garganta á hora de pronunciar os diferentes sons; polo tanto é unha aprendizaxe máis significativa, máis concreta e máis cercana. Esta forma axúdalles a traballar de maneira manipulativa a conciencia fonolóxica e a correspondencia son/grafía.




14/1/20

PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS

En Ciencias Naturais estamos traballando os alimentos, polo que visionamos un vídeo e fixemos a nosa pirámide colocando os alimentos, que recortamos de catálogos de supermercados. E aprendemos que alimentos son os máis importantes, de cales temos que consumir máis, de cales menos... Así nos quedou!!!




Fin de curso

Aqui vos deixo unha pequenísima mostra destes últimos días no cole. BO VERÁN.  MOITÍSIMA SORTE NA ESO.