21/2/20

Entroido 2020

E chegou o día. Este ano no cole disfrazámonos de superheroes. Na nosa aula traballamos co conto " El gran libro de los superpoderes".
Onde despois de lelo, démonos conta que todos temos un talento que nos fai únicos/as e especiais. Fomos contando as cousas que se nos dan ben e que por iso nos fan diferentes aos demáis, pero nin mellor nin peor. 
É importante que sepan que son únicos/as e valiosos/as.
Como diria Manu Velasco Rodríguez(un mestre de León) é o "efecto purpurina": cando sacamos a purpurina do bote xa non hai maneira de volvela meter; o mesmo que cando descubren o seu superpoder que non hai quen os frene. (Que dúas semanas 😂)E pasan os seus superpoderes de uns aos outros/as.
Asi que despois de pensar no seu superpoder, de colorear, de recortar, de ensaiar o baile... o noso disfrace quedou así....
Pasámolo moi, moi ben. Grazas familias por vir a vernos e os nenos e nenas a descansar e desfrutar do Entroido para voltar con superforza.






4/2/20

Teatro Auditorio Ourense

Hoxe fomos a Ourense para desfrutar dun espectáculo de teatro, titulado "Safari".

Os protagonistas son: Piñote  e Calabacín, que nos explican o conflito que teñen na sabanna, a misteriosa desaparición do león. Na súa investigación preguntanlle á xirafa, o mono, o elefante, o crocodilo… e en plena aventura, topan co león, que non sabe ruxir. Polo que tratarán de buscar cales son os motivos deste pesar.

bullying é a cuestión que se aborda. A partir do comportamento destes animais, os nenos e nenas entenden este problema, tan presente na nosa sociedade. Os pequenos tamén poden ser feroces e crueis cos seus compañeiros. Ainda que, a través da educación, se poden potenciar actitudes e comportamentos positivos que permitan unha convivencia tranquila.



FICHA REPASO TEMA 9 LINGUA GALEGA

 Aquí vos deixo unha ficha de repaso do Tema 9 de Lingua Galega para o exame. FICHA DE REPASO TEMA 9 LINGUA GALEGA SOLUCIÓNS FICHA REPASO TE...