8/6/20

TAREFA DO 15 AO 19 DE XUÑO

FIN DE CURSO | CEIP LA BARROSA

Estimadas familias:
Chegamos ao remate do curso. E a tarefa que vos propoño para realizar esta semana, é que os/as nenos/as escriban unha breve mensaxe de despedida para os seus compañeiros e compañeiras, decíndolles canto os/as botaron de menos, o que máis lles gusta deles/delas, comentar un momento que pasaron xuntos/as,... Que sexan creativos e que se despidan do curso e dos seus compañeiros e compañeiras. 
Unha vez que as rematen, escribídelas ou deixades que as escriban nos comentarios do blog para que todos e todas as poidamos ler.
Moitas grazas pola vosa colaboración.












1/6/20

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe, 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente, co obxectivo de sensibilizar á poboación mundial en relación a temas ambientais, para que se respete o medio ambiente. E invítasenos a pensar na forma na que consumimos.

Este ano, o tema é a Biodiversidade, un gran motivo de preocupación mundial en materia medioambiental. Eventos catastróficos recentes (incendios forestais, a pandemia do COVID-19) amosan que a Natureza nos está enviando unha mensaxe.


REFLEXIONEMOS, E COIDEMOS ENTRE TODOS E TODAS A NATUREZA XA QUE ACCIÓNS PEQUENAS FAN GRANDES COUSAS!!!



PROPÓÑOVOS ESTAS TAREFAS PARA REALIZAR DURANTE A SEMANA 
DO 8 AO 12 DE XUÑO:


TAREFA 1:  RECICLAMOS E REUTILIZAMOS ENVASES DE PLÁSTICO
Se tiramos botellas e bolsas de plástico, sabedes canto tardaría en desaparecer da natureza? Máis de 100 anos!!
Se tiramos plásticos, estes van parar a todas partes e son un grave problema para os animais. Nós podemos actuar con responsabilidade para protexer e coidar o medioambiente. 
Atende e mira este vídeo que conta a historia dun neno que buscou unha solución a ese problema.


Agora, que se che ocorre que podes facer con esas botellas ou envases que usades na casa? Búscalle outro uso, ponte a imaxinar e a crear! Envíame unha fotografía coa túa creación.

TAREFA 2: ANIMAIS EN 3D
Mira este titorial para poder ver moitos animais e estar con eles na túa casa. Só tes que coller o móbil ou a tablet, escribir en google o animal que queres ver e darlle a ver en 3D.


Logo ponte ao seu lado e pídelle a alguén que che faga unha foto con eles. Saca diferentes fotografías e envíamas! Será divertido. 

TAREFA 3: E TI… RECICLAS?
Propóñovos que creedes os carteis necesarios para ter nas vosas casas xunto aos colectores de reciclaxe que teñades (lixo orgánico, plástico,...).


Enviádeme unha foto onde saiades facendo unha acción de reciclar (tirando o lixo no colector adecuado, pode ser na túa casa ou na rúa) pois así estarás protexendo ao medio ambiente.
ÁNIMO!!! A TÚA PARTE É MOI IMPORTANTE.



FICHA REPASO TEMA 9 LINGUA GALEGA

 Aquí vos deixo unha ficha de repaso do Tema 9 de Lingua Galega para o exame. FICHA DE REPASO TEMA 9 LINGUA GALEGA SOLUCIÓNS FICHA REPASO TE...