21/6/23

REMATAMOS O CURSO

E chegamos ao final. Rematou o curso e con él outra etapa. Agora toca descansar e coller forzas para comezar outra etapa (3° de primaria). Estes dous anos ao voso lado foi unha aventura cargada de moitas emocións, nos que aprendemos moitas cousas xuntos e xuntas.

O profe Óscar e a profe Raquel deséxanvos un bo verán. 




16/6/23

Diego de Giráldez

Durante este trimestre estivemos traballando na aula ao pintor Diego de Giráldez, aprendimos que é da Cañiza, que ten moitos cadros e esculturas. Traballamos algúns deles na aula. Tamén aprendimos que NAS significa naturalismo, abstracción e surrealismo. A temática das súas obras son o bodegón, a paisaxe, a figura humana, retratos ou temática relixiosa.

Pero o que máis nos gustou foi coñecelo e visitar o seu museo. 






13/6/23

13 de xuño. Paco Nogueiras

 PACO NOGUEIRAS NO COLE!!

Hoxe recibimos a Paco Nogueiras que nos ofreceu un fantástico concerto como parte das actividades das Letras Galegas. No que puidemos bailar e cantar as súas cancións, así como ensinarlle o noso sombreiro de Paco Nogueiras.

Que ben o pasamos!!





5/6/23

Saída fin de curso Illa de San Simón

Hoxe fixemos a saída a Illa de San Simón. Tivemos moita sorte, porque estivo moi bo tempo. Desfrutamos moito coa viaxe en barco, estivemos atentos as explicacións e pasámolo xenial nos xogos. Para rematar, despois de comer celebramos un cumple. Foi un día redondo.



Fin de curso

Aqui vos deixo unha pequenísima mostra destes últimos días no cole. BO VERÁN.  MOITÍSIMA SORTE NA ESO.