29/10/21

Samaín 2021

Pintamos, recortamos, cantamos, bailamos, xogamos, maquilláronnos,.... Pasámolo de medo!!

Grazas familias por colaborar cos monstros e coas receitas terroríficas.

Que teñades unha boa fin de semana. Bo Samaín. Vémonos o martes.


19/10/21

Visitamos a Biblioteca do cole

Onte estivemos na biblioteca do cole. Dixéronnos que se chama Biblio Naturizo. Ensináronnos a mascota. Déronnos unha guía coas normas, co día de préstamo (1° recreo dos luns), explicáronnos como atopar os libros nas estanterias da biblio e déronnos uns carnet para poder levar libros para a nosa casa (comezará o préstamo de libros en novembro). Tamén escoitamos a canción da mascota da biblio.




 

 
 
Temos gañas de que chegue novembro para voltar a biblioteca!!

14/10/21

Saída no Outono

Hoxe tivemos un día estupendo para realizar a nosa primeira saída de outono. Saímos para observar, falar, preguntar,... sobre as árbores, plantas, animais,... nesta estación do ano. Levábamos bolsas para recoller mostras e lupas para que non se nos escapara ningún detalle.

De volta na aula agardábanos o noso caderno de campo, no que rexistraremos todo o observado (animais que atopamos, froitos, cor das follas das árbores,...)

O caderno de campo contribue ao traballo en equipo, fomenta a creatividade, desenvolve a observación e os sentidos, permite traballar o método científico, contribue ao desenvolvemento da linguaxe e os nenos e nenas son os protagonistas.

Tamén clasificamos o que recollemos.

Pasámolo en grande, polo que repetiremos para completar o noso caderno de campo estacional.




7/10/21

PARTES DO CORPO 1

Compezamos en Ciencias Naturais a estudar o corpo humano. Visionamos este vídeo sobre as partes da cabeza.


 

FICHA REPASO TEMA 9 LINGUA GALEGA

 Aquí vos deixo unha ficha de repaso do Tema 9 de Lingua Galega para o exame. FICHA DE REPASO TEMA 9 LINGUA GALEGA SOLUCIÓNS FICHA REPASO TE...