25/11/20

25 de novembro Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Hoxe é un día moi importante, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, por iso debemos sensibilizar ao alumnado e previr a violencia contra a muller. Para iso traballamos a desigualdade, a discriminación, as distintas formas de violencia machista,... nas aulas. Tamén pegamos un lazo morado, que simboliza o Día da Muller, nos nosos xerseis.





Contos cos que traballamos:






Outras recomendacións:

Vídeos:                     https://youtu.be/NO3pwZMcV10 
                                 https://youtu.be/PYbNYbaSdEw
                                 https://youtu.be/Gr56pfgFTpQ

Contos:




FELIZ DÍA!!

 

20/11/20

20 de Novembro DÍA UNIVERSAL DO NENO

 

  Hoxe 20 de novembro, coma todos os anos, celébrase o Día Universal do Neno, que é un día adicado a todos os nenos e nenas do mundo.

É importante celebrar este día polos avances acadados, pero tamén para non esquecer aos nenos e nenas en situación desfavorecida, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento. 

Este día recórdanos que todos os nenos e nenas teñen dereito á saude, á educación e á protección, independentemente do lugar onde naceran.

Ainda que este ano é máis especial se cabe, xa que despois de case un ano que comezou a pandemia, esta provocou un impacto que trastocou os servizos esenciais que garantizan a saúde, educación e protección dos nenos e nenas.

Cambiamos a forma de saudarnos, de compartir, de traballar, de entreternos,... pero seguimos pelexando e coidándonos moito e coidando aos demáis para que pouco a pouco esto mellore e volte todo a normalidade.

imagenes sobre los derechos de los niños (6)




















BO FIN DE SEMANA!!






12/11/20

Magosto 2020

A festa do Magosto é un ritual tradicional que se celebra en moitos rincóns de España. Ten dous elementos básicos, a castaña e o lume, pero existen outros elementos que tamén forman parte da celebración: os chourizos asados, os xogos, os chistes…

En Galicia, celébrase entre os días 1 de novembro (Todos os Santos) e o 11 de novembro (Festividade de San Martiño), porque nesta época é xusto cando as castañas comezan a caer das árbores.

A xente prepara as fogueiras para asar as castañas e celebrar a chegada do outono. Ademáis, organízanse xogos tradicionais, contar chistes ou calquera tipo de actividade en grupo para festexar o Magosto.

Neste curso tan especial, ainda que non puidemos baixar ao patio a celebrar entre todos o Magosto como nos gustaría, fixemos cousiña na aula...

Coloreamos mandalas...

Lemos e buscamos información para contestar o que se nos pregunta do Magosto...


Aprendemos e cantamos esta canción...




AGARDAREMOS CON MOITA ILUSIÓN AO CURSO QUE VEN, PARA CELEBRAR COMO SE MERECE ESTA FESTA!!!


 Para saber máis:



Contos para ler:                                                                                              



Xogos interactivos:                                                                                                                  https://www.digipuzzle.net/digipuzzle/autumn/puzzles/jigsaw.htm?language=spanish&linkback=../../../es/juegoseducativos/otono/index.htm     




                








FICHA REPASO TEMA 9 LINGUA GALEGA

 Aquí vos deixo unha ficha de repaso do Tema 9 de Lingua Galega para o exame. FICHA DE REPASO TEMA 9 LINGUA GALEGA SOLUCIÓNS FICHA REPASO TE...