30/3/23

A horta de 2º de Primaria

 Benvidos/as ao blog da aula de 2º de Primaria.

Neste 2º trimestre pensamos que sería bo señalizar os produtos que sementamos na aula no 1º trimestre e que neste transplantamos na horta e outros que mercamos.



A nosa idea é guiar, orientar e axudar a recoñecer mellor os produtos que se van a plantar.

Polo que buscamos información sobre a época de sementar, cando regar,...


Fixemos os debuxos que aparecen nos carteis da horta... Este etiquetado está en español, galego, inglés (grazas ao profe Breixo) e francés (grazas a profe Sonia).


Elaboramos tarxetas coa información e os códigos QR que nos levan a esa información.

Grazas por visitar a nosa horta.

Ficha pemento


 

Ficha leituga


 

Ficha amorodo


 

8/3/23

8 de marzo: Día Internacional da muller

O 8 de marzo celébrase para rememorar a loita das mulleres polo recoñecemento e pola igualdade de dereitos. Hoxe para celebrar un día tan importante como é o día da muller, traballamos co libro "Grandes mujeres que cambiaron el mundo"

Tamén fixemos chapas. Quedaron chulísimas!!




E a profe de música Lorena montou un vídeo coas fotos das vosas mamás e avoas que por suposto son grandes mulleres que fan cousas para cambiar o mundo. Moitas grazas por colaborar.

FELIZ DÍA A TODAS

 





2/3/23

Os animais

Estamos traballando os animais. Xa coñecemos de que se alimentan, clasificámolos en vertebrados e invertebrados e sabemos que dentro dos vertebrados hai 5 grupos. 









 Pero hoxe tivemos unha sorpresa, apareceron na aula dous ovos(un de avestruz e outro de ñandú).



FICHA REPASO TEMA 9 LINGUA GALEGA

 Aquí vos deixo unha ficha de repaso do Tema 9 de Lingua Galega para o exame. FICHA DE REPASO TEMA 9 LINGUA GALEGA SOLUCIÓNS FICHA REPASO TE...