30/11/21

25/11/21

Día Universal contra a violencia de xénero


Hoxe 25 de novembro é o Día Universal contra a violencia de xénero. Tema importantísimo para traballar dende a escola e concienciar tanto a nenas como a nenos da importancia do respeto.

Visionamos o vídeo e falamos cos nenos e cas nenas sobre as súas impresións e os sentimentos que xurdiron.  


Logo escoitamos o conto, demos as nosas opinións e fixemos tartarugas coma Clementina que coloreamos de morado.


 
Todos podemos ser o que queiramos ser, e soñar espertos é o primeiro paso para conseguir o soñado…


19/11/21

Día Universal dos nenos e das nenas

Mañá día 20 de novembro celébrase o Día Universal dos nenos e nenas. Este día é unha oportunidade para concienciar de que a infancia é unha etapa da vida irrepetible e crucial, polo que debemos conseguir que todos os nenos e nenas estén protexidos, seguros, con saúde e educación, independientemente do lugar onde naceran. Estes son vulnerables, sobre todo ante situacións de crises (pandemia COVID-19, que puxo en perigo os dereitos dos nenos e nenas) e problemas.
 Na aula visionamos este vídeo e logo entre todos e todas demos as nosas opinións.











12/11/21

Magosto 2021

Hoxe celebramos no patio de terra do colexio o magosto, festa tradicional galega na que se degusta un produto típico do outono, as castañas.

Tamén se fixo entrega dos premios dos concursos de monstro terrorífico, receitas de outono, relatos de terror e concurso do peón.

Xa tíñamos ganiñas de festa!! Que ben o pasamos.



FICHA REPASO TEMA 9 LINGUA GALEGA

 Aquí vos deixo unha ficha de repaso do Tema 9 de Lingua Galega para o exame. FICHA DE REPASO TEMA 9 LINGUA GALEGA SOLUCIÓNS FICHA REPASO TE...