31/10/23

Samaín 2023

Durante toda a semana, buscamos na biblioteca do colexio e en internet información sobre como se celebra nos distintos paises do mundo o samain.



Decoramos a porta da clase. Así quedou....



Hoxe visionamos unha película. Despois pasamos polos túneles do terror e sacamos fotos no photocall. 



compartimos a merenda e rematamos o día descubrindo mensaxes escondidas e lendo contos de medo as escuras. Pasámolo de medo.

Que teñades un día terrorífico!! Vemonos o xoves.



30/10/23

1º PLICKERS

     Hoxe na hora de Ciencias Naturais repasamos o Tema 1: Somos seres vivos, a través dun Plickers. Como non sabían o que era e estaban ansiosos/as de saber o que era; primeiro expliqueille en que consistia o xogo. Trátase de levantar unhas tarxetas (que conteñen un código cunhas letras:A,B,C,D) para indicar que resposta é a correcta. 

    Ao final, entenderon perfectamente o xogo e acertaron bastantes preguntas. Aquí vos deixo as preguntas por se queredes revisalas. Por certo olvidamonos de contestar unha. Polo que se a sabedes e queredes contestala podedes. Debaixo pinchando en no hay comentarios e escribides a letra da resposta correcta.





25/10/23

Día das bibliotecas

 Hoxe fomos ata a biblioteca do cole para celebrar o día das bibliotecas. Alí o profe Óscar e a profe Sonia explicáronnos en que consistía o reto que tiñamos que resolver. Este consistía en desactivar unha bomba, e para facelo buscaríamos pistas entre os libros da biblioteca.

Pasámolo moi ben!!



3/10/23

Comezamos proxecto: "La vuelta al mundo"

Hoxe comezamos un proxecto. Recibimos unha carta moi especial dunha unicornio chamada Lily. María animouse a ler a carta. 


Despois entre todos intentamos descifrar o nome do proxecto. Por equipos fomos colocando as letras. Thiago atopou a palabra mundo. Xa non faltaba todo.

Pouco a pouco, e entre todos seguimos colocando as letras, ata que Mateo dixo é  "La vuelta al mundo". Todos dixeron: é verdade.

Agora teremos que esperar que Lily se poña en contacto con nós ou nos deixe pistas para saber o que temos que facer.

Esperaremos emocionados!!

2/10/23

Aprendemos en Sociais

Estos días tiveron que explicarlle aos compañeiros/as o que levamos estudiado de Sociais. Entre todos/as axudamonos para aprender. O que máis lle gustou foi as fotos que lles trouxen do meridiano de Greenwich.



Fin de curso

Aqui vos deixo unha pequenísima mostra destes últimos días no cole. BO VERÁN.  MOITÍSIMA SORTE NA ESO.