22/12/22

Rematou o 1°trimestre

E chegamos ao fin do 1°trimestre, ademáis de traballar moito e aprender moitas cousas tamén tivemos tempo de divertirnos e pasalo ben. Aquí vos deixamos unha mostra.

BO NADAL E FELICES FESTAS!!



2/12/22

3 de decembro: Día Internacional das Persoas con Discapacidade.



O 3 de decembro foi declarado en 1992 pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas, día Internacional das persoas con discapacidade, co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.

Porque todos somos diferentes e eso é o que nos fai únicos e especiais. Na aula traballamos co conto: 

E colaboramos co equipo de orientación na actividade "Baixo o mesmo paraugas".




Bo fin de semana!!




25/11/22

25 de novembro Día Internacional contra a violencia de xénero

No colexio todos os días atopámonos con problemas ou dificultades que temos que resolver. Sabemos que temos que falar para solucionar estes pequenos problemas e seguir avanzando, pero o máis importante e que tamén escoitamos aos demáis.

Tanto a escola como a familia temos que promover relacións de igualdade entre os nenos e as nenas para prever as violencias de xénero e axudarlles a construir unha identidade lonxe de estereotipos, cuestionando roles sociais e reforzando a súa personalidade, asi como aprenderlles a xestionar as súas emocións e a necesidade dun autocontrol cando esten enfadados.

Para celebrar este día traballamos co conto "¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?"




Coa profe Lorena cantaron e bailaron a canción "Muller libre" de The Tetas'Van.


Bo fin de semana!


11/11/22

MAGOSTO 2022

 Hoxe celebramos o Magosto no colexio. Tivemos un día estupendo e soleado. Pasámolo xenial. Decoramos as cestas para as castañas, participamos nos xogos populares e comimos bolos preñados e castañas. Aquí vos deixamos unha pequena mostra. Bo fin de semana!! 



28/10/22

Samaín 2022

Hoxe celebramos no cole o Samaín, cunha festa de medo. Primeiro subimos a ESO para pasar polo Túnel do Terror, máis de un/unha levou un susto. Despois preparamos a nosa merenda terrorífica e comémola. Por último cantamos e bailamos na aula de música coa profe Lore. Foi un día redondo. FELIZ SAMAÍN. Voltamos o mércores 2 de novembro. 
 



















8/9/22

Benvida ao curso 2022-23

 Estimadas familias e alumnos/as:

Queremos darvos a benvida ao novo curso escolar 2022-23. Comeza unha nova aventura , un curso que será especial ( sen tantas restrincións); axudaremosvos a buscar a ilusión para aprender cousas novas, seguro que tedes gañas de ver aos amigos/as, de xogar con eles/elas, de contarlles o que fixestes no verán,...

Desexámosvos un curso cheo de emocións, de risas, de medrar sendo cada día mellores persoas.

Esperámosvos cos brazos abertos, co propósito de darvos cariño, afecto e comprensión.

Desfrutade e sede felices.

"SE PODES SOÑALO, PODES FACELO"

Os titores de 2° de Primaria.



6/7/22

Por fin bolboretas!!

Durante este curso escolar coidamos eirugas de seda. Foi unha mágoa que non chegamos a completar o seu ciclo.

A vida da eiruga de seda pasa por catro fases: ovo, larva, crisálide e bolboreta.

Chegamos a fase onde as eirugas construian os casulos.

Na seguinte fase é onde ten lugar a metamorfose de crisálide a bolboreta.

Aqui vos deixo unhas fotiños e un vídeo onde podedes ver como están.

 

BO VERÁN!!

22/6/22

Fin de curso

E chegamos ao final deste curso, que estivo cargado de novas sensacións, de novas aprendizaxes, de emocións, de fustracións,... pero que entre todos e todas conseguimos xestionar e avanzar. Agora so temos que desfrutar do verán e repor forzas para o curso que ven. Deixámosvos unhas recomendacións para o verán e un pequeno vídeo do que fixemos neste último trimestre.












27/5/22

Visitamos Campo Lameiro

Hoxe fomos de excursión. Vaia día tivemos! A viaxe foi un pouco longa, pero mereceu a pena. Primeiro leváronnos ata un carballo enorme, onde deixamos as mochilas e explicáronnos o que íamos facer. Primeiro un taller de cerámica con barro, logo merendaríamos debaixo do carballo para repoñer forzas e por último  visitaríamos os petroglifos e as casiñas rupestres. Que ben o pasamos.



 



13/5/22

17 de maio Día das Letras Galegas


O autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022 é Florencio Delgado Gurriarán, un reflexo da cultura galega no século XX. 



Despois de ver o vídeo, pincha no enlace e realiza este xogo sobre Florencio Delgado. A ver o que sabes.

Nas aulas traballamos o poema "Salve" e tamén a canción "Sacar a lingua".








BO DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!

2/5/22

2 de maio Día Internacional contra o Acoso Escolar

Hoxe, 2 de maio é un día moi importante, que na aula traballamos todos os días, pero que hoxe recordamos para non olvidarnos da importancia que ten avisar aos pais e ao profes se nos pasa algo e para concienciar sobre o risco do acoso escolar e o "bullying"; e buscar mecanismos para evitar este mal que é un perigo para os nenos e nenas. Polo que falando todos os días na aula, conseguiremos que non sexan inseguros/as, que se relacionen con todos/as e que a través do diálogo arranxen os problemas que lle xurdan na vida.
Hoxe visionamos este vídeo e limos este conto, para logo entre todos chegar a conclusións.






 

8/4/22

Rematamos o 2° trimestre

E chegamos ao final do 2° trimestre, deixámosvos unhas recomendacións para estas mini vacacións e un pequeno vídeo do que fixemos. FELIZ SEMANA SANTA!!!
 


8/3/22

8 de marzo Día Internacional da Muller

Hoxe, 8 de marzo, celebrase o Día Internacional da Muller, para recoñecer os dereitos da muller e animar a participar na loita pola igualdade de xénero.

Todos os días nas nosas aulas traballamos contos sobre a igualdade, a discriminación, o respecto, sobre a diversidade,... para educalos na igualdade e que as mulleres deixen de ser discriminadas por razón de xénero.

Estes son os contos que traballamos hoxe:

Logo falamos e demos as nosas opinións. Que quería ser Carlota?, Que quería facer?, Sería divertido que todos e todas vestiramos de rosa?, Credes que hai cousas que so poden facer os nenos e cousas que so poden facer as nenas?, Porque ao final todas as nenas queren ser princesas?. 

Por último, os/as que quixeron pintaron as uñas como Juan para deixar claro que é porque lles gusta, non porque sexa de nena ou de neno.


FELIZ DÍA INTERNACIONAL DA MULLER!!!

4/3/22

3 de marzo Día Mundial da Natureza

 Onte foi o día Mundial da Natureza polo que hoxe fixemos a saída de inverno ao monte debaixo do colexio para observar e experimentar e seguir completando o noso caderno de campo estacional.

Falamos do tempo que ía, de se estaba seca ou mollada a terra, de como estaban as árbores, se atopamos animais... e ata falamos da contaminación e do cambio climático. 

Xa estamos desexando que chegue a seguinte...







25/2/22

Entroido 2022

Hoxe celebramos o Entroido no colexio. Fixemos un taller de máscaras, tomamos chocolate con rosquillas e bailamos. Que ben o pasamos! 

Agora toca descansar un pouquiño e cargar pilas para a volta. Voltamos o xoves 3 de marzo. Que teñades bo Entroido.

28/1/22

Día da paz e da non violencia

Hoxe 28 de xaneiro celebramos o día da PAZ e da NON violencia. 

Fixemos medallas co símbolo da paz.


Coloreamos e recortamos pombas e coloreamos a palabra paz en distintos idiomas, para decorar unha árbore entre todo o colexio.

Na radio gravamos un poema sobre a paz.

Tamén participamos na carreira solidaria.


 Bo fin de semana. 


FICHA REPASO TEMA 9 LINGUA GALEGA

 Aquí vos deixo unha ficha de repaso do Tema 9 de Lingua Galega para o exame. FICHA DE REPASO TEMA 9 LINGUA GALEGA SOLUCIÓNS FICHA REPASO TE...