UN BLOG PARA INFORMAR, TRANSMITIR, COMPARTIR, EXPLORAR, APRENDER,...
APRENDEMOS DENDE A CURIOSIDADE, O RESPECTO AO RITMO DE DESENVOLVEMENTO INDIVIDUAL E O ACOMPAÑAMENTO EMOCIONAL.
Elixe un dos cadros polos que pasa Paul Klee e fai un collage.
1º: Debuxa o cadro elexido.
2º: Corta ou rasga trozos pequenos de xornais, revistas, papeis de cores, folletos publicitarios,...
3º: Pega enriba do debuxo os anaquiños recortados ou rasgados.
ESPERO AS VOSAS OBRAS DE ARTE!! A GOZAR!!
Boas familias:
Deixovos unha proposta para maio sobre ciencia, por se vos apetece facelo.
LABORATORIO STEAM NA CASA
# MaioCientÍFIco2020 #SomosCiencia
Trátase de descubrir a aprendizaxe en familia, convertindo a casa, a cociña, os materiais de uso común, en experiencias para un taller tecnolóxico ou un laboratorio de ciencias ; en definitiva, accións que contribuian a desenvolver a personalidade e as capacidades e talentos dos neno/as.
Aqui vos deixo algúns dos cadros cubistas de Picasso que son retratos. O que tedes que facer é o voso autorretrato con formas xeométricas(cadrados, triángulos, círculos,...) e colorealo.
Espero os vosos debuxos!!
XOVES 7 DE MAIO
C. SOCIAIS
VENRES 8 DE MAIO
C. NATURAIS
Outra actividade que vos propoño, é divertida e fácil. Consiste en plantar unhas sementes de lentellas nun envase reciclado, nunha bolsa transparente ou nun ovo. Cando decidades en que envase as ides plantar, meteredes algodón e as sementes. Logo regaredelas e poredelas nun lugar luminoso. En dous ou tres días as sementes irán medrando e sairán as primeiras follas, eso significará que a planta está brotando e o noso experimento foi un éxito. Cada dous días regarán as plantas con pouca cantidade de auga e observarán como cambian e medran as plantas.
Con esta actividade os/as nenos/as entenderán o proceso e as partes que ten unha planta e ademáis será unha actividade motivadora xa que se sentirán responsables do coidado e o crecemento da súa propia planta.
Este ano as Letras Galegas aprázanse ata o 31 de outubro.
Pero dende o Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega do colexio, propóñennos estas actividades para traballar a Ricardo Carvalho Calero, homenaxeado este ano o día das Letras Galegas.
Nos colexios, existen moitas formas de exercer e sufrir violencia entre iguais e moitas formas de tratar de acabar con ela. É unha responsabilidade conxunta da comunidade educativa, os pais e os compañeiros evitar que o acoso escolar siga existindo. Dende a escola traballamos na prevención de situacións de acoso escolar ou bullying. Estas son dúas actividades que vos propoño para traballar:
Visionar estes cortos, e logo falar sobre eles e reflexionar. A segunda actividade sería: recoñecer algo bo noutro/a neno/a (que escriban nun papel algo bo dos compañeiros/as da aula).