3/12/21

Día Internacional das persoas con discapacidade

Hoxe 3 de decembro, celébrase o día Internacional das persoas con discapacidade.

Visionamos o conto "El cazo de Lorenzo" e logo puxémonos no lugar dos demáis. 

Logo visionamos a historia de Ian.


Falamos da inclusión, da accesibilidade, da integración, da igualdade de oportunidades,...

Quedounos moi claro. Todos e todas podemos ao longo das nosas vidas experimentar unha discapacidade temporal ou permanente, polo que todos e todas teremos os mesmos dereitos, as mesmas oportunidades, ...

                    BO FIN DE SEMANA

30/11/21

25/11/21

Día Universal contra a violencia de xénero


Hoxe 25 de novembro é o Día Universal contra a violencia de xénero. Tema importantísimo para traballar dende a escola e concienciar tanto a nenas como a nenos da importancia do respeto.

Visionamos o vídeo e falamos cos nenos e cas nenas sobre as súas impresións e os sentimentos que xurdiron.  


Logo escoitamos o conto, demos as nosas opinións e fixemos tartarugas coma Clementina que coloreamos de morado.


 
Todos podemos ser o que queiramos ser, e soñar espertos é o primeiro paso para conseguir o soñado…


19/11/21

Día Universal dos nenos e das nenas

Mañá día 20 de novembro celébrase o Día Universal dos nenos e nenas. Este día é unha oportunidade para concienciar de que a infancia é unha etapa da vida irrepetible e crucial, polo que debemos conseguir que todos os nenos e nenas estén protexidos, seguros, con saúde e educación, independientemente do lugar onde naceran. Estes son vulnerables, sobre todo ante situacións de crises (pandemia COVID-19, que puxo en perigo os dereitos dos nenos e nenas) e problemas.
 Na aula visionamos este vídeo e logo entre todos e todas demos as nosas opinións.











12/11/21

Magosto 2021

Hoxe celebramos no patio de terra do colexio o magosto, festa tradicional galega na que se degusta un produto típico do outono, as castañas.

Tamén se fixo entrega dos premios dos concursos de monstro terrorífico, receitas de outono, relatos de terror e concurso do peón.

Xa tíñamos ganiñas de festa!! Que ben o pasamos.



29/10/21

Samaín 2021

Pintamos, recortamos, cantamos, bailamos, xogamos, maquilláronnos,.... Pasámolo de medo!!

Grazas familias por colaborar cos monstros e coas receitas terroríficas.

Que teñades unha boa fin de semana. Bo Samaín. Vémonos o martes.


19/10/21

Visitamos a Biblioteca do cole

Onte estivemos na biblioteca do cole. Dixéronnos que se chama Biblio Naturizo. Ensináronnos a mascota. Déronnos unha guía coas normas, co día de préstamo (1° recreo dos luns), explicáronnos como atopar os libros nas estanterias da biblio e déronnos uns carnet para poder levar libros para a nosa casa (comezará o préstamo de libros en novembro). Tamén escoitamos a canción da mascota da biblio.




 

 
 
Temos gañas de que chegue novembro para voltar a biblioteca!!

14/10/21

Saída no Outono

Hoxe tivemos un día estupendo para realizar a nosa primeira saída de outono. Saímos para observar, falar, preguntar,... sobre as árbores, plantas, animais,... nesta estación do ano. Levábamos bolsas para recoller mostras e lupas para que non se nos escapara ningún detalle.

De volta na aula agardábanos o noso caderno de campo, no que rexistraremos todo o observado (animais que atopamos, froitos, cor das follas das árbores,...)

O caderno de campo contribue ao traballo en equipo, fomenta a creatividade, desenvolve a observación e os sentidos, permite traballar o método científico, contribue ao desenvolvemento da linguaxe e os nenos e nenas son os protagonistas.

Tamén clasificamos o que recollemos.

Pasámolo en grande, polo que repetiremos para completar o noso caderno de campo estacional.




7/10/21

PARTES DO CORPO 1

Compezamos en Ciencias Naturais a estudar o corpo humano. Visionamos este vídeo sobre as partes da cabeza.


 

20/9/21

Benvidos/as a 1° (curso 2021-2022)

Estimadas familias e alumnos/as:

Queremos darvos a benvida ao novo curso escolar 2021-22, desexamos que todos vos atopedes ben.
Este comenzo de curso presentase de novo cheo de dúbidas e inquietudes, pero desexando que todo transcurra coa maior normalidade e con moita ilusión para aprender e desfrutar todos xuntos.

Benvidos todos e todas!!!


RECORDADE:

_Comprobar síntomas de COVID-19, de habelos, quedar na casa e chamar ao centro de saude.
_Revisar a mochila e comprobar que levamos todo, xa que non podemos compartir.
_Levar a máscara sempre posta e unha caixa ou sobre para gardala na merenda e no comedor, outra de reposto nun sobre para a aula.
_Facer a fila no sitio indicado, entrar ao colexio na quenda que me digan e manter a distancia de seguridade.
 _Lavar con frecuencia as mans con auga e xabón ou xel hidro-alcohólico.
_Circular atendendo a sinalización.




GRAZAS NENOS/AS E FAMILIAS POLA VOSA COMPRENSIÓN E APOIO. 


22/6/21

FIN DE CURSO

E chegamos ao fin! Despois de tanto traballar, toca descansar.

Deixámosvos unhas recomendacións para o verán e un vídeo de todo o vivido neste curso. 








14/5/21

17 de maio día das Letras Galegas 2021

Este ano as Letras Galegas están adicadas a Xela Arias. 





Algúns dos libros que escribiu foron estes..   

 En 2° traballamos cun poema do libro Darío a diario.

Tamén fixemos hoxe a carreira solidaria, aprazada por mor da pandemia, completamos un poema e fixemos un Kahoot sobre a homenaxeada.

 
     

Boas Letras Galegas

29/4/21

2 de maio: Día Internacional contra o Acoso Escolar

Todos os días na clase traballamos: que temos que portarnos ben e portarnos ben tamén cos demáis; porque o que non queremos para nos tampouco o queremos para os demáis. Ademáis de concienciar sobre este problema, buscamos os mecanismos para evitar este mal (falar, porse no lugar dos demáis,...).

Acabar co bullying ou acoso escolar é unha tarefa que nos compete a todos/as.












23/4/21

23 de abril Día do Libro

Hoxe 23 de abril é un día moi importante e que é o Día do Libro!! Ler libros axudanos a entrar dentro deles, a aprender cos seus personaxes, vivir aventuras, visitar lugares imaxinarios...

Ler un libro, de calquera temática, é unha boa maneira de celebrar o Día do Libro, e eso foi o que fixemos.



  







BO FIN DE SEMANA E A LER MOITO!!

16/4/21

Robótica

Levamos unhas semanas facendo cousiñas de robótica (Scratch, Lego).

A través dun pingüín resolven as táboas de multiplicar.

E a través de diferentes construcións de Lego seguindo as instrucións elaboran diferentes máquinas simples de poleas, engrenaxes e pesos.



12/3/21

SEMANA DA PRENSA

Durante esta semana traballamos na aula a semana da prensa. Buscamos as distintas seccións que compoñen un xornal, buscamos as partes dunha noticia,...


8/3/21

8 de marzo Día da Muller

Para conmemorar un día tan especial como é o Día da Muller na aula escoitamos esta canción e xogamos a Pasapalabra do Día da Muller.





 




24/2/21

SAÍDA AO MONTE PRÓXIMO AO COLEXIO

Hoxe, por fin, saiu o sol e saimos ao monte que está baixando o colexio. Levamos estudando, durante unhas semanas, no libro de Ciencias da Natureza as plantas. Pero decidimos programar un paseo para observar, calcular, tomar notas, facer fotografías, debuxos, esquemas, comentar e compartir a experiencia,... e para elo levamos un Caderno de Campo (ferramenta imprescindible para o estudo da natureza in situ, ademáis de fomentar a observación, a creatividade e axudar a desenvolver a expresión escrita.)

Antes da saída preparamos o que precisábamos: caderno de campo, lápis e ceras, bolsa para as mostras (reforzamos a idea de que hai que respetar as plantas e as flores, así como animais que atopemos), prismáticos, lupas,...

Durante a saída xogamos a preguntar: Que árbore, planta ou flor é?, É de folla perenne ou caduca?. Xogamos ao vexo, vexo.

Outra actividade foi facer calcos. Calcamos follas e cortezas de árbores. Coa tablet sacamos fotos e co programa PlantNet identificamos as plantas a través das fotos e así a aprendizaxe foi automática.

Logo na aula clasificamos as mostras, debuxamos e pegamos as follas, coloreamos, escribimos as impresións,...




Pasámolo tan ben, que seguro que repetiremos.

18/2/21

"As nosas cidades e os Ozobots"

Hoxe fixemos unha actividade coas cidades que fixeron os nenos e nenas e cos Ozobots (robots diminutos).

Primeiro, debuxaron traxectos de líneas (cun grosor determinado e con precisión, se debuxan mal as líneas non as lee o robot) para que o robot fixera o percorrido que lle marcaron.

Despois, colocaron as cidades que fixeran nas súas casas.

Por último, encenderon os Ozobots e colocáronnos no circuito.

Mirade que ben o pasaron!!!

Seguiremos facendo cousiñas de robótica.

















13/2/21

Día Mundial da Radio 2021

Hoxe 13 de febreiro celébrase o Día Mundial da Radio e o profe Breixo fixo un programa de radio con algúns nenos e nenas de 2°, escoitade, a ver se os coñecedes. 


http://escolasnasondas.com/cpi-da-caniza-para-o-dia-mundial-da-radio-2021/

12/2/21

Entroido 2021

Este ano debido ao COVID, a celebración do Entroido que tanto nos gusta, quedou suspendida. Ainda así pasámolo ben facendo carautas e traendo os nosos disfraces máis graciosos das nosas casas.




AGORA TOCA DESCANSAR UN POUQUIÑO. VÉMONOS A VOLTA!!
COIDÁDEVOS.


5/2/21

ENTROIDO 2021


RECORDA,  PARA A SEMANA QUE VEN COMEZAMOS COAS ORDES DO MECO.





O VENRES 12 PODES VIR DISFRAZADO DO QUE DESEXES.

BO FIN DE SEMANA


29/1/21

30 de xaneiro Día da Paz

Cada 30 de xaneiro celebrase o Día da Paz, este ano no colexio celebrámolo o venres 29.

Para conseguir a paz temos que aprender a evitar a violencia e comprometernos a resolver os conflictos no noso día a día, polo que no noso colexio apostamos pola non- violencia. Ainda que non vale con celebralo un día só e así convertirnos en persoas pacíficas e comprometidas coa paz; debe ser unha tarefa de todos os días.
Agora que estamos a vivir esta situación de pandemia, na que confiamos en que a vacina nos inmunice para sempre; a vacina contra a violencia si que existe, ainda que non é un medicamento, se non a educación; na que a través dela evitamos a violencia. 

Na aula fixemos un xogo sobre "A vacina do bo trato" (tarefa proposta por UNICEF). Fixemos un virus violento, o cal eliminamos con palabras e accións de paz. Logo pegamos as tiritas da paz, que simbolizan que xa estamos inmunizados e que o noso comportamento será mellor día a día.

















A carreira Solidaria, como sabedes, quedou aplazada ata novo aviso.

QUE TEÑADES BO FIN DE SEMANA!!! COIDÁDEVOS

 

FICHA REPASO TEMA 9 LINGUA GALEGA

 Aquí vos deixo unha ficha de repaso do Tema 9 de Lingua Galega para o exame. FICHA DE REPASO TEMA 9 LINGUA GALEGA SOLUCIÓNS FICHA REPASO TE...