29/1/21

30 de xaneiro Día da Paz

Cada 30 de xaneiro celebrase o Día da Paz, este ano no colexio celebrámolo o venres 29.

Para conseguir a paz temos que aprender a evitar a violencia e comprometernos a resolver os conflictos no noso día a día, polo que no noso colexio apostamos pola non- violencia. Ainda que non vale con celebralo un día só e así convertirnos en persoas pacíficas e comprometidas coa paz; debe ser unha tarefa de todos os días.
Agora que estamos a vivir esta situación de pandemia, na que confiamos en que a vacina nos inmunice para sempre; a vacina contra a violencia si que existe, ainda que non é un medicamento, se non a educación; na que a través dela evitamos a violencia. 

Na aula fixemos un xogo sobre "A vacina do bo trato" (tarefa proposta por UNICEF). Fixemos un virus violento, o cal eliminamos con palabras e accións de paz. Logo pegamos as tiritas da paz, que simbolizan que xa estamos inmunizados e que o noso comportamento será mellor día a día.

















A carreira Solidaria, como sabedes, quedou aplazada ata novo aviso.

QUE TEÑADES BO FIN DE SEMANA!!! COIDÁDEVOS

 

Fin de curso

Aqui vos deixo unha pequenísima mostra destes últimos días no cole. BO VERÁN.  MOITÍSIMA SORTE NA ESO.