12/11/20

Magosto 2020

A festa do Magosto é un ritual tradicional que se celebra en moitos rincóns de España. Ten dous elementos básicos, a castaña e o lume, pero existen outros elementos que tamén forman parte da celebración: os chourizos asados, os xogos, os chistes…

En Galicia, celébrase entre os días 1 de novembro (Todos os Santos) e o 11 de novembro (Festividade de San Martiño), porque nesta época é xusto cando as castañas comezan a caer das árbores.

A xente prepara as fogueiras para asar as castañas e celebrar a chegada do outono. Ademáis, organízanse xogos tradicionais, contar chistes ou calquera tipo de actividade en grupo para festexar o Magosto.

Neste curso tan especial, ainda que non puidemos baixar ao patio a celebrar entre todos o Magosto como nos gustaría, fixemos cousiña na aula...

Coloreamos mandalas...

Lemos e buscamos información para contestar o que se nos pregunta do Magosto...


Aprendemos e cantamos esta canción...




AGARDAREMOS CON MOITA ILUSIÓN AO CURSO QUE VEN, PARA CELEBRAR COMO SE MERECE ESTA FESTA!!!


 Para saber máis:



Contos para ler:                                                                                              



Xogos interactivos:                                                                                                                  https://www.digipuzzle.net/digipuzzle/autumn/puzzles/jigsaw.htm?language=spanish&linkback=../../../es/juegoseducativos/otono/index.htm     




                








No hay comentarios:

Publicar un comentario

Repaso Tema 5 Ciencias Naturais

Kahoot repaso Tema 5 Ciencias Naturais