30/10/26

SAMAIN 2026

Durante toda a semana decoramos todo para a festa do samain. Hoxe pasamos polo túnel do terror, que medo!!, tivemos merenda terrorífica na aula, que compartimos cos nosos/as compañeiros/as de 3° B e fixemos un desfile no patio para ensinar o guapos/as que víñamos. Pasámolo de medo.


BO FIN DE SEMANA DE MEDO!! 

6/10/26

Proxecto

Hoxe apareceu na aula un baúl que contiña unha carta da nosa mascota, Pepiño, na que nos propoñia un reto, atopar o nome do proxecto deste ano. Entre todos/as atoparono. 




Seguiremos esperando instruccións ou cartas de Pepiño.

21/9/26

Todos encaixamos

Despois dunha semaniña de clase, demonos conta falando entre todos/as que somos todos/as diferentes pero que encaixamos perfectamente na nosa clase. Seguro que cada un/ unha aportará moitas cousas.






10/9/26

BENVIDA AO NOVO CURSO

                   Estimadas familias e alumnos/as:

Quero darvos a benvida ao novo curso escolar 2026-27. Comeza un novo curso e con él un novo ciclo (3° de E.P.) polo tanto unha nova aventura, risas e grandes aprendizaxes. 

Son a vosa mestra, Raquel, e cada un de vós sodes os/as protagonistas da vosa propia historia, polo que non teñades medo de equivocarvos, xa que cada erro é unha lección e cada esforzo conta para acadar os soños.

Sen esquecer a vosa axuda, día a día, na implicación das actividades que se leven a cabo no colexio, así como a vosa colaboración cando se requira.

" No te preocupes por los fracasos, preocúpate por las posibilidades que pierdes cuando ni siquiera lo intentas." - Jack Canfield

A vosa mestra de 3° A, Raquel.

Benvidos/as

19/6/26

Fin de curso

Aqui vos deixo unha pequenísima mostra destes últimos días no cole.






BO VERÁN. 

MOITÍSIMA SORTE NA ESO.

8/6/26

Excursión FIN DE CURSO 2026

Aqui vos deixo un resumo das actividades que fixemos hoxe na excursión. Pasámolo moi ben e portáronse xenial.








7/5/26

Plickers C. Sociais Tema 1

 1.
2. 

3.
4.
5.
6.
7.
8.

9.

10.

11.

12.

13.

14.

15.

SOLUCIÓNS: 1.A, 2.B, 3.D, 4.C, 5.B, 6.D, 7.A , 8.B, 9.D, 10. C, 11.B, 12.C, 13.A, 14 D, 15.A

Kahoot Sociais

Kahoot Tema 1: Como encontrar lugares