26/8/25

Benvida ao novo curso

Estimadas familias e alumnos/as:

Quero darvos a benvida ao novo curso escolar 2025-26. Espero que desfrutárades do verán en familia e que estedes preparados/as para un novo curso cargado de novos proxectos, novos retos, novas ideas,... encamiñadas a facervos medrar tanto a nivel intelectual, físico, emocional, social,...

Nada do que facemos tería sentido sen a vosa axuda. Todo o noso traballo é sempre pensando nos vosos/as fillos/as e en como chegar a eles para que medren como persoas e así sexan persoas alegres, responsables, críticas, solidarias e empáticas.


"VIVE COMO SE FORAS A MORRER MAÑÁ, APRENDE COMO SE FORAS A VIVIR SEMPRE." -  Mahatma Gandhi

A vosa mestra de 6° A, Raquel.

BENVIDOS/AS

PLICKERS TEMA 2 CIENCIAS NATURAIS

AQUÍ VOS DEIXO O PLICKERS QUE FIXEMOS HOXE, POR SE QUEREDES VOLVER A FACELO. 1.  2. 3. 4.  5. 6.  7. 8. 9. 10. 11. 12. 13. 14. 15. RESPOSTAS...