25/3/20

RECOMENDACIÓNS PARA ESTAS SEMANAS

Estimadas familias, ola nenos e nenas:

Espero e desexo que todos e todas estedes ben e para que levedes o mellor que poidades o estar na casa, unhas recomendacións:
Aconséllovos que os/as nenos/as fagan as tarefas que propuxen á mesma hora todos os días (evitar ruídos para que se poidan concentrar e non distraerse), marcarlle o tempo da tarefa (40 ou 50 min, para non agobialos/as nin aburrilos/as), tamén deben facer algunha actividade física (correr, subir escaleiras,...) e alguns xogos (crebacabezas, debuxar, xogos de memoria e de parellas,cartas, puzzles,...). Eles deben entender que esto logo vai pasar e que volverán as aulas moi rápido.

Esto é moi complicado porque os pais e nais tedes que ocuparvos estes días dun traballo que se consigue nas aulas explicando uns contidos que ás veces non interesan pero que os convencemos e lles facemos ver que son importantes e que lle servirán para a vida. Polo que os/as perxidicados/as son eles, os/as nenos/as.
Creo que ata despois de Semana Santa, tedes tarefas suficientes para que fagan cada día. Non os agobiedes, tamén teñen que xogar. Se esto volve a normalidade despois de Semana Santa xa correxiremos e voltaremos a traballar eses contidos. Se esto se alongara ou tiveramos outras novas xa imos falando.

O que máis desexo e que todos e todas estedes ben, en familia, ledos e cheos/as de saúde; que é o máis importante nestes momentos. Non dubidedes en preguntarme se tedes dúbidas no que sexa, e por suposto poñervos en contacto comigo se necesitades algo; o que sexa; enviadesme un comentario e eu poñome en contacto con vós, e falamos por privado.


Moito ánimo, paciencia e a seguir na casiña; entre todos e todas conseguirémolo.  Raquel.








3 comentarios:

  1. Bos días. Son Inés a mamá de Anxo. Fixemos os deberes de lingua castelá e pon rematar o tema 10 e comezar o tema 11. Pero o libro remata no tema 10. Non temos o 11. Temos que buscalo por algún sitio? Ou foi un erro?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Bos días, perdoade igual me confundín. En principio en lingua galega e lingua castelá podedes rematar os libros que son deste segundo trimestre. Cando este máis claro se voltamos ou non despois de Semana Santa, xa vos direi se tedes que ir o cole recoller os libros do terceiro trimestre, para seguir dende a casa. Un saúdo e un abrazo moi forte para Anxo.

      Eliminar
    2. Ok. Moitas gracias. Espero que todo pase pronto e q todos estemos ben. Un saúdo.

      Eliminar

Torneo fútbol- sala CPI da Cañiza

Despois de tanto pelexar, os nenos  de 4°A perderon a penaltis na semifinal. As nenas de 4°A chegaron ata a final e ..... tamén perderon a p...