
UN BLOG PARA INFORMAR, TRANSMITIR, COMPARTIR, EXPLORAR, APRENDER,... APRENDEMOS DENDE A CURIOSIDADE, O RESPECTO AO RITMO DE DESENVOLVEMENTO INDIVIDUAL E O ACOMPAÑAMENTO EMOCIONAL.
25/11/20
25 de novembro Día Internacional contra a Violencia de Xénero

20/11/20
20 de Novembro DÍA UNIVERSAL DO NENO
Hoxe 20 de novembro, coma todos os anos, celébrase o Día Universal do Neno, que é un día adicado a todos os nenos e nenas do mundo.
É importante celebrar este día polos avances acadados, pero tamén para non esquecer aos nenos e nenas en situación desfavorecida, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.
Este día recórdanos que todos os nenos e nenas teñen dereito á saude, á educación e á protección, independentemente do lugar onde naceran.
Ainda que este ano é máis especial se cabe, xa que despois de case un ano que comezou a pandemia, esta provocou un impacto que trastocou os servizos esenciais que garantizan a saúde, educación e protección dos nenos e nenas.
Cambiamos a forma de saudarnos, de compartir, de traballar, de entreternos,... pero seguimos pelexando e coidándonos moito e coidando aos demáis para que pouco a pouco esto mellore e volte todo a normalidade.

BO FIN DE SEMANA!!
12/11/20
Magosto 2020
A festa do Magosto é un ritual tradicional que se celebra en moitos rincóns de España. Ten dous elementos básicos, a castaña e o lume, pero existen outros elementos que tamén forman parte da celebración: os chourizos asados, os xogos, os chistes…
En Galicia, celébrase entre os días 1 de novembro (Todos os Santos) e o 11 de novembro (Festividade de San Martiño), porque nesta época é xusto cando as castañas comezan a caer das árbores.
A xente prepara as fogueiras para asar as castañas e celebrar a chegada do outono. Ademáis, organízanse xogos tradicionais, contar chistes ou calquera tipo de actividade en grupo para festexar o Magosto.
Neste curso tan especial, ainda que non puidemos baixar ao patio a celebrar entre todos o Magosto como nos gustaría, fixemos cousiña na aula...
Coloreamos mandalas...
Lemos e buscamos información para contestar o que se nos pregunta do Magosto...
Aprendemos e cantamos esta canción...
PLICKERS TEMA 2 CIENCIAS NATURAIS
AQUÍ VOS DEIXO O PLICKERS QUE FIXEMOS HOXE, POR SE QUEREDES VOLVER A FACELO. 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9. 10. 11. 12. 13. 14. 15. RESPOSTAS...
-
Estimadas familias: Chegamos ao remate do curso. E a tarefa que vos propoño para realizar esta semana, é que os/as nenos/as escriban...
-
FICHA DE REPASO TEMA 10 L.C. SOLUCIONES FICHA DE REPASO TEMA 10 L.C.



