14/10/21

Saída no Outono

Hoxe tivemos un día estupendo para realizar a nosa primeira saída de outono. Saímos para observar, falar, preguntar,... sobre as árbores, plantas, animais,... nesta estación do ano. Levábamos bolsas para recoller mostras e lupas para que non se nos escapara ningún detalle.

De volta na aula agardábanos o noso caderno de campo, no que rexistraremos todo o observado (animais que atopamos, froitos, cor das follas das árbores,...)

O caderno de campo contribue ao traballo en equipo, fomenta a creatividade, desenvolve a observación e os sentidos, permite traballar o método científico, contribue ao desenvolvemento da linguaxe e os nenos e nenas son os protagonistas.

Tamén clasificamos o que recollemos.

Pasámolo en grande, polo que repetiremos para completar o noso caderno de campo estacional.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Torneo fútbol- sala CPI da Cañiza

Despois de tanto pelexar, os nenos  de 4°A perderon a penaltis na semifinal. As nenas de 4°A chegaron ata a final e ..... tamén perderon a p...