24/2/21

SAÍDA AO MONTE PRÓXIMO AO COLEXIO

Hoxe, por fin, saiu o sol e saimos ao monte que está baixando o colexio. Levamos estudando, durante unhas semanas, no libro de Ciencias da Natureza as plantas. Pero decidimos programar un paseo para observar, calcular, tomar notas, facer fotografías, debuxos, esquemas, comentar e compartir a experiencia,... e para elo levamos un Caderno de Campo (ferramenta imprescindible para o estudo da natureza in situ, ademáis de fomentar a observación, a creatividade e axudar a desenvolver a expresión escrita.)

Antes da saída preparamos o que precisábamos: caderno de campo, lápis e ceras, bolsa para as mostras (reforzamos a idea de que hai que respetar as plantas e as flores, así como animais que atopemos), prismáticos, lupas,...

Durante a saída xogamos a preguntar: Que árbore, planta ou flor é?, É de folla perenne ou caduca?. Xogamos ao vexo, vexo.

Outra actividade foi facer calcos. Calcamos follas e cortezas de árbores. Coa tablet sacamos fotos e co programa PlantNet identificamos as plantas a través das fotos e así a aprendizaxe foi automática.

Logo na aula clasificamos as mostras, debuxamos e pegamos as follas, coloreamos, escribimos as impresións,...




Pasámolo tan ben, que seguro que repetiremos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Torneo fútbol- sala CPI da Cañiza

Despois de tanto pelexar, os nenos  de 4°A perderon a penaltis na semifinal. As nenas de 4°A chegaron ata a final e ..... tamén perderon a p...