UN BLOG PARA INFORMAR, TRANSMITIR, COMPARTIR, EXPLORAR, APRENDER,... APRENDEMOS DENDE A CURIOSIDADE, O RESPECTO AO RITMO DE DESENVOLVEMENTO INDIVIDUAL E O ACOMPAÑAMENTO EMOCIONAL.
29/10/21
Samaín 2021
27/10/21
26/10/21
21/10/21
PARTES DO CORPO 2
Seguimos en Ciencias Naturais a ver as partes do corpo. Visionamos este vídeo para saber máis sobre as partes do corpo.
19/10/21
Visitamos a Biblioteca do cole
Onte estivemos na biblioteca do cole. Dixéronnos que se chama Biblio Naturizo. Ensináronnos a mascota. Déronnos unha guía coas normas, co día de préstamo (1° recreo dos luns), explicáronnos como atopar os libros nas estanterias da biblio e déronnos uns carnet para poder levar libros para a nosa casa (comezará o préstamo de libros en novembro). Tamén escoitamos a canción da mascota da biblio.
14/10/21
Saída no Outono
Hoxe tivemos un día estupendo para realizar a nosa primeira saída de outono. Saímos para observar, falar, preguntar,... sobre as árbores, plantas, animais,... nesta estación do ano. Levábamos bolsas para recoller mostras e lupas para que non se nos escapara ningún detalle.
De volta na aula agardábanos o noso caderno de campo, no que rexistraremos todo o observado (animais que atopamos, froitos, cor das follas das árbores,...)
O caderno de campo contribue ao traballo en equipo, fomenta a creatividade, desenvolve a observación e os sentidos, permite traballar o método científico, contribue ao desenvolvemento da linguaxe e os nenos e nenas son os protagonistas.
Tamén clasificamos o que recollemos.
Pasámolo en grande, polo que repetiremos para completar o noso caderno de campo estacional.
7/10/21
PARTES DO CORPO 1
PLICKERS TEMA 2 CIENCIAS NATURAIS
AQUÍ VOS DEIXO O PLICKERS QUE FIXEMOS HOXE, POR SE QUEREDES VOLVER A FACELO. 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9. 10. 11. 12. 13. 14. 15. RESPOSTAS...
-
Estimadas familias: Chegamos ao remate do curso. E a tarefa que vos propoño para realizar esta semana, é que os/as nenos/as escriban...
-
FICHA DE REPASO TEMA 10 L.C. SOLUCIONES FICHA DE REPASO TEMA 10 L.C.