Estimadas familias e alumnos/as:
Quero darvos a benvida ao novo curso escolar 2025-26. Espero que desfrutárades do verán en familia e que estedes preparados/as para un novo curso cargado de novos proxectos, novos retos, novas ideas,... encamiñadas a facervos medrar tanto a nivel intelectual, físico, emocional, social,...
Nada do que facemos tería sentido sen a vosa axuda. Todo o noso traballo é sempre pensando nos vosos/as fillos/as e en como chegar a eles para que medren como persoas e así sexan persoas alegres, responsables, críticas, solidarias e empáticas.
"VIVE COMO SE FORAS A MORRER MAÑÁ, APRENDE COMO SE FORAS A VIVIR SEMPRE." - Mahatma Gandhi
A vosa mestra de 6° A, Raquel.
BENVIDOS/AS

💪🏼💪🏼
ResponderEliminar