Hoxe tivemos un día estupendo para desfrutar dun paseo polo monte. Este curso estamos traballando o proxecto:"Os montes" e decidimos sair para observar, recoller mostras, facer fotografías,... que logo plasmaremos no noso caderno de campo.
Durante o traxecto puidemos observar a flora e a fauna, pegadas de animais, casas de animais, tamén vimos lixo, ...
Aquí tedes unha mostra.
Recordade que podedes traer ao colexio: libros, contos, guias, recortes de xornal, revistas,... documentais, enlaces a páxinas webs, películas,... todo relacionado cos montes.
Grazas.



No hay comentarios:
Publicar un comentario