Estimadas familias e alumnos/as:
Quero darvos a benvida ao novo curso escolar 2026-27. Comeza un novo curso e con él un novo ciclo (3° de E.P.) polo tanto unha nova aventura, risas e grandes aprendizaxes.
Son a vosa mestra, Raquel, e cada un de vós sodes os/as protagonistas da vosa propia historia, polo que non teñades medo de equivocarvos, xa que cada erro é unha lección e cada esforzo conta para acadar os soños.
Sen esquecer a vosa axuda, día a día, na implicación das actividades que se leven a cabo no colexio, así como a vosa colaboración cando se requira.
" No te preocupes por los fracasos, preocúpate por las posibilidades que pierdes cuando ni siquiera lo intentas." - Jack Canfield
A vosa mestra de 3° A, Raquel.
Benvidos/as

No hay comentarios:
Publicar un comentario