15/4/24

Seguimos co proxecto.

Continuamos a nosa viaxe, agora en barco, para chegar a África e dirixirnos a KENIA.

Para recoller a información sobre este país, puxemos en marcha unha actividade que se chama “MOCHILEROS POR EL MUNDO”; que consistiu en que os nenos e nenas levaron unha mochila para as súas casas e recopilaron información sobre o país a traballar para logo exporlla na aula aos compañeiros/as e así vivir fantásticas aventuras.

Esto foi o que fixemos e o que aprendemos: cal é a súa bandeira, a súa moeda, a vestimenta, animais e plantas, comida e bebida, lugares que visitar,...

Visionamos este conto tan bonito sobre Wangari, que recibiu o Nobel da Paz.


Fixemos un cadro coma o de Rosemary Karuga. Que bonitos nos quedaron!!


Decoramos en madeira ovos de Pascua. En Kenia os ovos simbolizan unha nova vida.

Tamén xogamos a xogos típicos dos nenos e nenas de Kenia.




Unha cousa que lles gustou moito foi ver aos animais de Kenia en directo. Aquí vos deixo o enlace

Animais en Kenia


Moitísimas grazas familias pola vosa colaboración.

Agora esperaremos a que Lily se poña en contacto con nós para seguir a viaxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PLICKERS TEMA 2 CIENCIAS NATURAIS

AQUÍ VOS DEIXO O PLICKERS QUE FIXEMOS HOXE, POR SE QUEREDES VOLVER A FACELO. 1.  2. 3. 4.  5. 6.  7. 8. 9. 10. 11. 12. 13. 14. 15. RESPOSTAS...