17/4/24

Última viaxe.

Recibimos outra carta de Lily, onde nos pedía que coidáramos dunha caixa ata novo aviso. Agardamos e logo chegou o momento de abrir a caixa e saber o noso último destino, a nosa última viaxe. 

Comprobamos que dentro da caixa había ovos de eirugas (gusanos de seda) e que nos dirixiríamos en avión ata a India.


Recibimos outra carta, onde nos pedía que coidáramos as eirugas e que completáramos no caderno a información sobre a India.


Agora entre todos e todas completaremos o caderno e remataremos esta viaxe tan emocionante. Que descubriremos? Que aprenderemos? Porque son importantes as eirugas?....

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Fin de curso

Aqui vos deixo unha pequenísima mostra destes últimos días no cole. BO VERÁN.  MOITÍSIMA SORTE NA ESO.